Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quedaron coas ganas

lunes, 23 de septiembre de 2013
O tren das 3:10 pasou ás 3:20 por Cantoña e detívose na estación de Baños de Molgas ás 3:30. Do tren das 3:10 baixaron Russell Crowe e Christian Bale. O primeiro traía consigo unha cartucheira con amosegas de prata e un colt 45 con cachas brancas. Christian Bale baixou con tan só un winchester 75 e un defecto no seu pé dereito que o facía coxear un pouco.

Os dous, mirándose de esguello, empezaron a marcar distancia tan axiña como puxeron os pés na explanada da estación do ferrocarril de Baños de Molgas. A música de Marco Beltrami presaxiaba un duelo a morte coma no salvaxe Oeste, aínda que Baños de Molgas está, máis ou menos, no centro de Ourense.

Cando os dous homes estiveron a unha distancia prudencial, levaron as mans ós seus sombreiros e desexáronse un bo día. Crowe colleu cara ó muíño do Dositeo e Bale seguiu pola rúa que o leva ó centro da vila. Os espectadores quedaron coas ganas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES