Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Quere xogar?

jueves, 08 de agosto de 2013
Nunca se me ocorreu pregunta-lo porqué os anxos sempre levan ás.

Os retábulos da inmensa maioría das igrexas están cheos de anxos e todos teñen ás. As ás danlles unha beleza especial.
Todos eses anxos son auténticas obras de arte. A min gústanme moito.

Certo que son moi abundantes os anxos con ás, pero aínda abundan máis OS ANXOS SEN ÁS:
Chámolle “anxos sen ás” a todas aquelas persoas que destacan desde diferentes ámbitos na construcción dun mundo máis feliz para todos. Son “OS ANXOS DE CARNE E ÓSO”.
Hainos de tódolas idades.

Cando nos encontramos cun bebé, automaticamente vemos na súa cariña un auténtico anxo.
Hainos que non parecen deste mundo.
Estes días encontreime con varios anxos rebozados en area e fixémonos amigos sen máis condición que unha mirada amorosa.

Xa di un refrán castelán: “EL PERRO Y EL NIÑO VAN A DONDE LES DAN CARIÑO”
Teño que confesa-la miña debilidade polos “ANXOS SEN ÁS” de curta idade.
A SÚA INOCENCIA NAMÓRAME.

Tamén hai anxos en idade adolescente, nenos e nenas que teñen unha familia excelente, que reciben unha educación excelente e que teñen un comportamento excelente.
Destacan por onde queira que vaian.

Sei de estudiantes que aproveitan ben o curso e no verán fan voluntariado.
Apúntanse a “Campos de Traballo:” cunha xornada de sete horas diarias baixo un sol por veces abrasador. Tanto abren camiños forestais, como limpan praias, como recuperan cousas antigas etc, etc.
Non dan puntada sen fío.
Outros traballan para axudar á economía familiar.
¡Son estupendos!
Representan os “ANXOS SEN ÁS” da rapacería, que non fai ruido, pero fai moito ben á humanidade.

Pero dos que máis vou falar é dos ANXOS MAIORES DE IDADE.
¡Hai tantos..! ¡Tantos..! ¡TANTOS..!

Cando lle dixen a un amigo que escribiría un artigo dedicado ós anxos de carne e óso, puxo cara de sorpresa.
O bo do home non é consciente de que el mesmo é un auténtico “anxo sen ás” e que persoas como el son as que me inspiraron para escribir algo sobre elas.
Eu estou plenamente convencida de que hai moitos anxos sen ás e que pasan desapercibidos en moitas ocasións.
Vou intentar facer unha breve descripción dalgúns, pedindo disculpas anticipadas a aquelas persoas ou colectivos que –por descuido meu- se queden no tinteiro.
.
1.- Uns son OS ANXOS DO FOGAR:

-Persoas que non poden dormir normalmente para atender a nenos, a enfermos, e a anciáns polas noites.
Así un día , un ano, outro ano..
.Moitas veces ata chegar elas mesmas a límites indesexados.

-Persoas que se entregan ata o límite das súas forzas porque a enfermidade das persoas ó seu cargo absórbeos as vintecatro horas do día e os trescentos sesenta e cinco días do ano.
E así por tempo indeterminado.
¡Que mérito teñen!
Admiro profundamente a estas persoas.
Fan todo con cariño e nunca as oín queixar. Sempre están de bo humor e con cara de anxo.

-Persoas de avanzada idade que necesitarían que as coidaran a elas pero que se ven na obriga de coidar outros membros da familia por diferentes razóns.

-Avós e avoas que soportan en boa medida o peso da economía familiar en tempo de crise.
Outros coidando dos netos, cando eles tamén precisaban dun tempo de dun espazo reservado para as súas necesidades persoais.

-Nenos que se quedan orfos e que se encargan de facer o que lle correspondería a seu pai ou a súa nai, atendendo a outros máis pequenos, trabllando de día, estudiando de noite...

-Multitude de persoas que caladiñamente soportan un martirio continuado por conservar a familia unida ó prezo que sexa.
Son coordinadoras do fogar que fan verdadeiros milagres.

- E un sen fin persoas anónimas moi “ANXOS SEN ÁS” das que nin siquiera temos noticia.

2.- SON OS ANXOS DOS HOSPITAIS, DOS XERIÁTRICOS E OUTRAS INSTITUCIÓNS...

-PERSOAL SANITARIO que coa súa concienzuda preparación e con máximo esmero na súa dedicación ós pacientes, son capaces de devolve-la saúde, o sorriso e a calidade de vida a multitude de persoas.

-PROFESIONAIS DOS ONCOLÓXICOS que empeñan toda a súa vitalidade para atender casos de extrema gravidade, casos irreversibles...Casos...Súper-casos...

-PROFESIONAIS DOS XERIÁTRICOS: que atenden con esmero e dedicación a persoas anciás cargadas ata o límite de sufrimento, de soidade, de rarezas, de agresividade e de todo tipo de dor pura e dura.
Casos que moitas veces nin os propios familiares son capaces de soportar.

-PROFESIONAIS DOS PSIQUIÁTRICOS que ven como a enfermidade mental deixa a moitas persoas totalmente excluidas da vida familiar, da vida social, da vida laboral...Da vida.

-PROFESIONAIS DE CENTROS PENITENCIARIOS, CENTROS DE MENORES.... que atenden con especial cariño a persoas en situación de exclusión social, persoas como calquera outra que –polas razóns que foran- chegaron a estes lugares...
Xa se sabe:
“No cemiterio e na prisión, todos temos unha pedra...”
Nunca se pode decir...”Desta auga non beberei”

-FORZAS DE SEGURIDADE que fan todo canto está nas súas mans para que se manteña a orde e moitas veces vense obrigadas a empregar medidas de forza para evitar males maiores.

-BOMBEIROS que empregan tódolos medios ó seu alcance salvando a vida doutras persoas e poñendo as súas en perigo, cando non as perden...

3.- SON AS PERSOAS ANÓNIMAS:
Que acoden con presteza e eficacia cando se encontran cunha traxedia e fan un labor que non hai cartos no mundo para pagalo.
ANXOS SEN ÁS que atenden ós feridos nun accidente, nun incendio, nunha traxedia, cando se produce unha catástrofe, nunha situación crítica....
Desgraciadamente todos temos nas nosas retinas situacións tráxicas nas que MULTITUDE DE ANXOS SEN ÁS souberon ter un comportamento exemplar cando non heroico.
Mesmo hai ANXOS SEN ÁS que perden a súa vida por salvar a doutras persoas.

4.- SON PERSOAS CON GRAN CORAZÓN que sen ter ningún tipo de obrigación; loitan por unha causa xusta e noble para mellorar a calidade de vida dos colectivos máis vulnerables, dos colectivos sen voz.
Destas, coñezo unha morea e mesmo forman parte do meu entorno.
Por estes “ANXOS SEA ÁS”, sinto unha gran admiración porque son persoas “fóra do común”. Desvívense polos que as rodean sen outro motivo que “FACER BEN SEN MIRAR A QUEN”
En moitas ocasións estas persoas incluso son incomprendidas, pero elas teñen moi clara a súa misión neste mundo e se hai que nadar contra corrente, nadan contra corrente.

5.- SON AS PERSOAS AMIGAS que están unidas a outras polos lazos da amistade que, se ben non son lazos de sangue, son lazos moi estreitos e moi fortes

¿Por qué hai persoas así?
Porque son ANXOS DE CARNE E ÓSO, son anxos sen ás.

Misterios que ten a vida.

ESTE TIPO DE PERSOAS SON A LUZ E O SAL DA TERRA

Os ANXOS SEN ÁS NON SON PERSOAS PERFECTAS.
Son persoas que moitas veces pasan desapercibidas porque teñen fallos e, non sei por que, estes saltan máis á vista.

¿POR QUÉ SERÁ QUE LLE PRESTAMOS MÁIS ATENCIÓN Ó NEGATIVO QUE Ó POSITIVO?

¿NON TEREMOS QUE CAMBIAR O NOSO PROPIO “CHIP”?

¿NON TEREMOS QUE CAMBIAR A MANEIRA DE VE-LA VIDA?

Se mo permite fareille unha pregunta:

-¿Existe a perfección no xénero humano?

-¡Quen tal dixo! - dirá vostede.

Eu tamén penso outro tanto..

Pero...¿Quen dixo que os “ANXOS SEN ÁS” foran perfectos.

Non son perfectos, pero os “ANXOS SEN ÁS” fan moitas cousas perfectamente.
Atreveríame a decir que os “ANXOS SEN ÁS”:

- “SON AS LOCOMOTORAS DO MUNDO”

- “SON OS ANXOS DA GARDA DA HUMANIDADE”

¿Xogamos a descubrir “ANXOS SEN ÁS”?

É moi probable que nos encontremos con máis dunha sorpresa.

Estou convencida de que vostede coñece multitude de “ANXOS SEN ÁS:
-Na súa propia familia.
-No seu vecindario.
-Entre os seus amigos e amigas.
-E –non sei por que me parece –que vostede é un deses “ANXOS SEN ÁS”

¡A QUE ACERTEI!

Se considera que aínda non é un “ANXO SEN ÁS” a pleno rendemento; pode intentalo de novo.
Seguro que se sorprenderá da súa capacidade para ser:
-“UN ANXO SEN ÁS”
-“UN ANXO DE CARNE E ÓSO A TOPE.

Deste xeito, vostede pode mellorar a súa propia vida, porque:

“O DIFÍCIL CONSÍGUESE”

“O IMPOSIBLE, INTÉNTASE”

RENDERSE... ESO NUNCA.

¿QUÉ LLE PARECE, A PARTIR DE HOXE, XOGAMOS A DESCUBRIR ANXOS SEN ÁS?

Seguro que resulta divertido.

Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES