Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fincar os cóbados

lunes, 04 de febrero de 2013
Canto custa ás veces escribir algo. Levo uns minutos pensando e non sae nada. Nin tan sequera cando pola gorxa baixa o segundo café en pouco menos de media hora. A verdade é que tiña ganas del. Do café.

Ao mellor foi porque me colleu un pouco o frío mentres esperaba no velorio dunha veciña.

Sempre defendín nestes relatos que a mellor inspiración é fincar os cóbados e poñerse a traballar, a escribir. E sigo defendendo isto, pero tamén é certo que ata así custa bastante.

O caderno estaba aberto. O bolígrafo estaba entre os dedos. Pero nada. Non sabía cómo empezar.

Como se ve, tiven que optar entón polo propio tema de non saber sobre qué escribir para encher o relato. Finquei os cóbados e xa o enchín.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES