Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empresarios ladróns

viernes, 23 de marzo de 2012
Este mércores tiven dúas sensacións contrapostas, que sen embargo resultan complementarias.

Por unha parte, lendo un xornal atrasado, coñecín a noticia de que dúas familias lucenses, con pequenas empresas que foron mal por mor da crise, ven embargados todos os seus bens que serán sacados a subasta para responder de créditos que non puideron pagar, co que o froito do traballo de moitos anos desaparece tragado polas circunstancias adversas.

Por outra parte, nunha misa vespertina dunha parroquia da capital sorprendeume a homilía improvisada do oficiante, que concluía que todas as desgracias e as guerras que no mundo houbo eran consecuencia de que o home quería ser como Deus, e a mesma crise na que agora estamos inmersos debíase á falla dos valores relixiosos, ao individualismo de cada un de nós que quere un protagonismo excesivo neste mundo, que colisiona co dos demais e esquece o papel reservado para o Supremo Ser.

Pero, admitindo que a crise que nos envolve é moito máis ca un tema económico, e que a falla de valores ten un valor crucial nestes momentos, chamoume a atención a xeneralización que fixo o oficiante ao arremeter contra os empresarios explotadores, que non aseguran aos seus traballadores, que non lles pagan nin o soldo mínimo, que non teñen xustiza e moito menos caridade.

Pode que o oficiante quixese falar duns determinados empresarios, pero non lle saíu así, e arremeteu contra todos os empresarios, o que é radicalmente inxusto.

En esta sociedade na que vivimos, “empresario” é todo aquel emprendedor que crea unha empresa que pode ter un só traballador, e entón é un empresario autónomo, e pode ser o punto de partida para outra escala empresarial. E o primeiro traballador xa establece a diferencia entre esa situación e a do empresario. E se a empresa vai medrando, resulta que a diferencia está entre o risco que corre o empresario sobre o porvir da empresa e o do traballador polo seu posto de traballo. E hai en Lugo capital centos de empresarios cumplidores, escrupulosos cos dereitos dos seus traballadores; e milleiros en toda Galicia; e millóns en toda España.

E algún empresario, pode que varios ou moitos – pero eu non me atrevo a dicilo- que exploten aos seus traballadores valéndose das circunstancias do momento, pero de ningún xeito se pode xeneralizar, que o empresario “per se” non é un delincuente ou un tirano senón un creador de riqueza e elemento imprescindible para o progreso dun pobo.

Tiven, pois, dúas sensacións contrapostas. Dunha, a de dúas familias que perden todo o que teñen por “meterse” en aventuras empresariais. E doutra, a inxustiza cunha clase empresarial-traballadora, que pasa momentos de apuro, e no que hai elementos despreciables pero hai tamén, e son os máis, moita xente boa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES