Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Próspero Aninovo!

miércoles, 29 de diciembre de 2010
Prspero Aninovo! ¡Si, de verdade, de corazón, por máis que a foto indique o contrario! Fíxena, fixéronma, no Nadal de 1950: ¡Sesenta anos! ¿Onde? ¡Na propia azotea do Banco de España, na Cibeles!

Claro que estou meditabundo, pois o porvir daquela tampouco era prometedor. Debaixo de min, pero moi abaixo, nese soto circundado polo “arroyo Abroñigal”, estaba o tesouro de España, ¡o que del quedaba! Detrás miña, a cúpula central. Á fronte, xa digo, o porvir. A miña xeración esforzouse no traballo e, ¡resucitou España! ¿Por qué nos amilanamos, por qué nos acovardamos, agora, agora que temos informática, agora que teñen carreira incluso os varredores? Eu invito aos meus lectores a facer coma min: ¡Pisa-lo Banco de España, rirme do seu ouro, incluído o de Negrín, e dispoñernos a gaña-lo pan coa suor da nosa fronte, pois para gañalo coa do de enfronte, sobra xente!

¡Ánimo, paisanos, que están os vedros a monte, e temos moito onde cavar, que detrás das cavadas veñen os trigais!

Ánimo, e avante toda, como din os mariños. Deséxovos saúde, pois con saúde hai forza, e con forzas, aínda que sexa á forza, sairemos adiante. ¡Viva o Ano Novo!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES