Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bolos 'preñaos'

jueves, 01 de julio de 2010
Coñecín a fórmula dos bolos "preñaos" hai agora corenta anos, en Radio Popular, pola festa da Santina. Había o costume de que os asturianos en Lugo, que celebran o oito de setembro a súa patrona na Palloza, viñesen pola tarde pola emisora para invitar ós que estivesemos de servizo traendo bolos cun chourizo dentro e unhas botellas de sidra.

Así, un ano tras outro. O Presidente daquela podía ser o Dr. Fernández Ardisana, que foi teniente de Alcalde no Concello de Lugo, e logo Marino Peláez, xerente de Begasa. Seguro que foi por eles, polos asturianos, que entrou en Lugo o costume de darlle a bolos e chourizos tan xeitosa conxunción, proporcionando un elemento alimentador de primeira orde.

E os bares lucenses aprenderon a lección e deron en facer boliños "preñaos" máis pequenos, á medida dunha tapa xenerosa, con boliños diminutos e dentro deles chourizos tamén en versión reducida.

Co tempo, evolucionaron estes novos boliños "preñaos", e nalgúns casos o chourizo pequeno quedou reducido a unha simple rodaxa, e noutros substituiuse o contido orixinal por xamón de York con queixo, dando sabores e perspectiva diferente a unha fórmula de éxito.

Temos agora boliños todos os días do ano, en versión reducida, se ben tamén os hai nalgunhas panaderías en versión parecida á orixinal, no que hai que botarlle moita enerxía para comer un como aperitivo ou complemento.

En calquera momento, alguén fará unha investigación e deducirá que os bolos "preñaos" están plenamente incorporados ó noso acervo gastronómico, e andando o tempo parecerá oriundo desta terra, na que os derivados do porco son productos de primeira necesidade. E será a mellor proba de que este producto invasor chegou para quedarse, e xa é tan noso como dos asturianos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES