Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O futuro do capón de Vilalba

jueves, 31 de diciembre de 2009
Celebrada a vilalbesa Feira do Capón, volvo a ela pola repercusión que tivo en diversos medios informativos.

Non fun á feira esta última vez, aínda que a noite anterior vin xa montada a carpa e comprobei que de noite quedaban funcionando os aparatos de quentar o aire para que o ambiente da mañanciña non fose demasiado xélido.

Todos agradábamos moito desta feira do capón, por entender que a pesar da crise existente, o noso primeiro produto do Nadal daría superado calquera dificultade. E en principio foi así e todas as crónicas previas e do mesmo día estaban tinguidas de optimismo mencionando “La Voz” que se buscaba un precio de referencia, que parecía poder estar arredor de 100 euros por exemplar. De todos os xeitos eu vin mercar na feira de dous mil oito dous exemplares por cen euros: A verdade é que eran ben pequenos e foi ó final da feira cando o vendedor non quería volver con eles para a casa.

A concelleira de mercados, Cheri Grandío, afirmaba -e con razón- que este é un produto asegurado, que a xente reserva como agasallo de Nadal. Falamos de 66 criadores e 1.800 exemplares que podían entrar na feira, co que se se conseguise ese precio tipo anceiado falariamos de 180.000€, trinta millóns das antigas pesetas, cantidade como a ter en conta se consideramos que é un produto criado na casa con bastante facilidade, que complementa sustanciosamente a renda familiar.

Pero vivimos moito do que por aí diante se conta de nós, e no xornal “Galicia Hoxe” o titular non era moi ledo: “Feira do capón: moita xente, baixos prezos”, sinalando que foi a máis concorrida dos últimos tempos pero que a crise fíxose notar lixeiramente.

“La Región”, de Ourense -en crónica de axencias- titulaba “Vilalba vivió la feria del capón más concurrida, aunque el precio y las ventas sufrieron la crisis”, mencionando que os precios se resentiron lixeiramente, e comentando que diante da abundancia do produto os compradores retraéronse.

Por fin, “Faro de Vigo” dedícalle a última páxina do xornal titulando a catro columnas “El capón de Vilalba, también en crisis”, sinalando que só os primeiros pares da feira do capón lograron unha cotización similar á do ano pasado de cen euros por cabeza. Destaca asimesmo a gran afluencia de público, e comenta a curiosidade que se ben en tempos o capón era moeda de pago de fóros e alugueres, na actualidade só se sabe dun caso en Mourence onde o criador aínda paga con capóns as terras e o pazo que ten alugados.

Agora, hai que mirar para o futuro, confiar en que a crise remate, e agardar que a política que siga o concello beneficie o sector. Que en Castro de Rei xa van facer a primeira festa da galiña de Mos para darlle unha saída económica a esta ave en fase de recuperación, e aquí algo haberá que facer con eses “caponciños” que poden complementar a oferta, pero clarificando moito a diferencia.

Se se pretende seguir cobrando noventa ou cen euros por exemplar de capón -que me parece moi ben, polo traballo e o prestixio- polos caponciños que se ofrezan, con cinco meses, menos traballo e polo tanto de inferior calidade, e que van ser comercializados a un prezo de arredor de trinta euros exemplar, hai que especificar moi ben a diferencia, clarificar que un producto é de primeira e outro de segunda, ou calquera outro matiz que deixe moi claro que o Capón de Vilalba é diferente a todo o demáis.

En fin: que o que hai que pretender é o beneficio dos vilalbeses dedicados á cría do capón.

Feliz aninovo a todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES