Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O «Black Mirror» da vida real

viernes, 26 de abril de 2024
Máis dun 60 % dos internautas din que se senten vixiados, pero o número de usuarios de asistentes virtuais non para de medrar.

Identificación mediante escaneo de rostro, recoñecemento de voz ou falarlle a unha máquina que responde, con pelos e sinais. Todas estas accións forman parte da nosa vida e parece que, cada vez máis, penetramos nun capítulo de Black Mirror: os nosos datos son a moeda que intercambiamos por un servizo.
Paremos a pensalo: ternos o GPS sempre activo, buscamos un sitio en internet a través da nosa conta persoal e aceptamos as cookies dun buscador web. A intelixencia artificial está presente nas nosas vidas, pero parece que os riscos non están de todo claros.
Un bo exemplo son os asistentes virtuais, Siri ou Alexa, e que o seu uso non pare de medrar. Segundo o informe Navegantes en rede, publicado no 2021 pola Asociación para a investigación de Medios de Comunicación, un 50 % dos participantes úsano nalgunhas ocasións. As razóns son varias: recordatorios, alarmas, preguntas, chamadas de teléfono ou realizar procuras en xeral. Un emprego estendido que contrasta, á vez, coa preocupación manifestada: dous de cada tres enquisados recoñecían que se senten vixiados en internet. Pásache a ti?
Estas máquinas son cómodas, pero tamén teñen un lado escuro. Están adestradas para recoñecer a linguaxe natural das persoas e cumprir unha tarefa. O problema é que, ademais de recompilar datos como as túas procuras, almacenan algo moito máis valioso: a túa voz. De feito, moitas veces actívanse sen o sinal para acenderse e realizan gravacións de entre seis segundos e dous minutos antes de apagarse. E si, por se non o sabías, ás empresas que os fabrican teñen permiso para escoitar estes audios co obxectivo de
mellorar o seu algoritmo. Pero... e se van máis aló?
Este límite non é o único que debe preocuparnos. No 2021 filtráronse datos persoais de máis de 500 millóns de usuarios de Facebook, entre os que había uns 11 millóns de españois. A información contiña nome, apelidos, dirección, data de nacemento, ID na rede social, números de teléfono e, nalgúns casos, correos electrónicos. Un problema que é máis frecuente do que pensamos.

ACTIVIDADE MEDIA DATOS NA ESFERA PÚBLICA
O Regulamento Europeo de Protección de Datos define os datos persoais como toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable. Facede una lista de exemplos de datos persoais e debatede en qué medida os protexemos.
H. Montáre Consultores
H. Montáre Consultores


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES