Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 25 de abril de 2024
O horizonte

Mirei para o horizonte, e non vin nada. Normal; había unha néboa espesa, que non se vía un burro a tres pasos. É un dicir; burros xa case non hai e o dos tres pasos é unha pequena esaxeración. A ver!, xa había tempo que non esaxeraba. Tanto sentimento, tanto rural, tanta trapallada tamén cansa. Mellor optar, aínda que sexa, por unha arroutada.
Non obstante, sigo mirando para o horizonte e sigo sen ver nada. Porque practicamente nada hai, Pingas de Orballo e o pouco que hai non me interesa; os penedos, toxos, silvas, carpazas, carballos, piornos xa están moi vistos e moi utilizados. Eu o que quería ver era algo que me fixese latexar con forza o corazón: desde unha gaita galega tocando ata, mesmo, un mísil atravesando o ceo, desde a Santa Compaña peregrinando polo alto da lomba ata unha boa moza bailando sobre unha das cores do arco da vella; sobre calquera cor, aínda que a que máis adoita destacar é a vermella. Coma o sorriso dela. Da moza que baila sobre o arco da vella.
Cando estou a piques de desesperar, consigo ver por fin algo. Algo que aínda non sei moi ben que é. A néboa retrocedeu, recuou uns pasos, seis ou sete. Porén, sigo sen ver burros polo xa dito: que case non hai. Noto máis ben unha sombra que semella unha figura humana. De muller. Anda, carallo!, é a que estaba bailando sobre o arco da vella. Ela, como me ve un sorriso de incredulidade, tamén sorrí. Ante o seu sorriso esquézome do horizonte, do burro e da néboa. Agora o horizonte xa queda moi lonxe. Pero xa me dá igual. As cousas como son.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES