Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 18 de abril de 2024
Na escaleira

El estaba alí, sentado no terceiro chanzo da escaleira e movendo os pés a un ritmo musical imaxinario. Porque nin tiña nin se escoitaba ningunha música. Ela tamén estaba alí, sentada no derradeiro chanzo da mesma escaleira e mirando para el pero sen practicamente velo. Ela, máis que velo, soñábao. El nin o intuía. Aínda que o desexaba.
A tarde estaba a piques de meterse no luscofusco diario e o can dun veciño ladrou tan intensamente que, tanto el coma ela, espertaron dos seus ensimesmamentos. El Pingas de Orballodeixou de bailar cos pés e ela encolleuse de ombreiros. Os dous miráronse un instante, algo así como medio retrinco. Nas súas miradas non había preocupación nin medo ante os ladridos desesperados do can. Había, iso si, algo máis que cariño e desexo, algo máis que ese berro que sae do silencio, algo máis que unha ilusión ou soño.
O can non tardou en quedar en silencio. El sorriu. Ela sorriu. E todo volveu á normalidade: ese baile de pés sen música e esas miradas que non ven, perdidas no espazo e no tempo. El deixou escapar unha pequena carraspeira. A ela subíronselle as cores á cara. Ningún se atreveu a iniciar a conversa.
El segue alí, no terceiro chanzo da escaleira. Ela segue no derradeiro. Míranse de novo. Ela toma a iniciativa e baixa un chanzo. El, por inercia, sobe un. Quedan xuntos, no mesmo chanzo. Pero un en cada recanto. Cando entra xa a noitiña, el murmúralle no oído a ela e ela monéalle cun si a el. Ó tocar o reloxo da igrexa as horas en punto, erguen xuntos e marchan os dous.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES