Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nostalxia

miércoles, 17 de abril de 2024
Nostalxia na forma de mirar... e de contar. Miro para a doniña que asoma detrás dunha xesta e conto que o bambán das flores dunha toxeira que hai a carón, débese ó impulso do vento que baixa da chaira que hai cerca. Nostalxia do tempo no que todo era como eu quería que fose e no que, ás veces, non ocorría nada porque todo estaba baleiro; a tarde estaba en silencio.
Conto que un asubío musical racha ese silencio e mesmo a doniña lle presta atención a tal acontecemento. Asubiar cando o silencio reina é como declamar no anfiteatro de Mérida. Asubiando desa maneira, a nostalxia empreña con tardes nas que Nostalxiaa infancia era unha banda de música e a xuventude unha banda sonora. Cantaba e asubiaba para que se me inchase o peito de melancolía, para notar axiña que a euforia subía e subía.
Nostalxia na forma de sentir... e de escoitar. Sinto que a vida é un baile de desexos no que o frufrú dun vestido vermello é coma un devezo, coma unha ambición dun futuro incerto, e escoito algo así coma un axóuxere de bicos que se inventan, que se descobren. Inventando sinto e soño unha futura realidade que, vaia, será efémera.
Sinto o berro do peito que esgaza e da ansia que flota polo recanto dunha habitación... baleira... silenciosa... medio ás escuras. No baleiro nada existe, nada hai, e a nostalxia rabuña nas entrañas que quedan esgotadas, fláccidas e coa alegoría de que todo acabou, co instinto de que o soño xa non é o que foi. Mirar, contar, sentir, escoitar é como bailar sobre a quimera dunha realidade que puido ser. Non o é.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES