Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alonso Montero, facho e cerna da terra

martes, 16 de abril de 2024
A D. Xesús co gallo do seu homenaxe en Lugo o vindeiro 19 de abril,
coa miña gratitude eterna polo seu ensino e vida.


Benquerido D. Xesús:
Vivimos nun mundo onde as obrigas familiares impídenme estar no seu homenaxe, pero sei que a súa xenerosdidade sen límites saberá comprender que o noso corazón está o seu carón. Nistes tempos de tanto teatro, ben sabe vostede que paxaros tén no niño.
Cando un é novo resulta moi doado vivir sen rumbo, xa sexa atraido polas festas, as pícaras ou a beberalla, sen decatarse do valor do importante como poden ser os pais, os estudos e os mestres que o acompañan, e vive no mundo da inconsciencia sen pensar en atopar os vieros para a vida. Son etapas de vivir nisa néboa espesa de confusión mental onde os tumbos, as caídas e os erros camiñan xuntos sen límite algún.Tivemos sorte que na nosa xuventude non había máis droga que o alcohol e o tabaco. Tamen o é o diñeiro, pero conmigo deu en rocha. Os cartos sempre foron droga e así o becerro douro e o verdadeiro deus da sociedade. Nin Moisés, nin despois Xesús de Nazaret, foron capaces de domalo. A natureza humán, coas súas poliédricas vestiduras, non esconde o cheiro tan cativeiro, ruín e miserento da codicia de moitos homes. Sinto decilo D. Xesús, pero o home que vive para a avaricia resultame noxento. Perdoe tamén a soberbia da miña misantropía, mais a vida, por desgracia, dame clases particulares gratis.
Saímos adiante como poidemos, e polos combaros fúmonos decatando dos fachos que aluman as nosas arelas e así confirmamos que a vida, sendo efímera, é unha oportunidade real de serermos boas persoas traballando por un mundo máis humano e xusto. A humildade, a sinceridade, a sinxeleza, o anonimato, o pensamento crítico, o estudo calado e os principios e valores de cada un son, ó meu ver, a esencia da vida. Despois está o ego coa súa vanidade, que cómpren manter a bó recaudo. Como ben sabe vostede, non, non son importantes nin aplausos nin riquezas, senón vivir acorde á conciencia de cada un sementando graus namorados, que diría Machado, na horta da esperas. O ceo, ese alén ignoto, eu atopo na vida cando atopo con persoas como vostede. Se hai outro, que sexa así.
O río da miña vida xa camiña amodiño e na memoria leva loureiros de gratitude porque precisa facer unhas coroa a persoas coma vostede, porque aprendemos do exemplo, o seu carón mamamos a Língoa, a mellorar a concienza social, a vivir cos mismos soños que os nosos devanceiros e sentirnos sachos para seguir sementando apertas de fraternidade.
Os homes non se miden polos parámetros que de cotío amosan os cativeiros, senón pola sede que calman, polo pan que sementan, pola comprensión que usan, pola ialma que amosan ó longo do seu vivir. A súa dignidade, a súa valentía, a súa xenerosidade, a súa bastísima cultura galega- coido que ninguén a supere- son hoxe a mellor colleita que un Home como vostede pode deixar en herdanza ós seu fillos, que non son só os propios, senón tamén esa inxente marea de alumnos que, espallados polo mundo, levamos na nosa ialma, na nosa cerna, o ADN do amor a nosa Fala e nosa Terra.
Quen me ía dicir a min, castelán falante, aló no ano 66 e despois por obrigas de traballo, que a súa infatigable loita pola fala de labregos e mariñeiros, ía rematar aquí hoxe; quen me diría por entón que aquel traballo de actualización do Quixote, que nos propuxera como tarefa naquela escola Normal - moi normal non era-ia rematar hoxe niste tolo que, remedando aquel fidalgo, montouno cos seus soños nun seiscentos e mandouno ós campos de Montiel, valelle dicir Madrid, para amañar o mundo. Nin que dicir ten que cada revolución só é unha sementeira de boas intencións.
Non falarei D. Xesús das bágoas da emigración - a mellor industria galega (supera a Aíndatés) -nin cobrarei a factura dos cincuenta anos que a miña dignidade me robou de vivir na nosa Terra- pero si hei dicir que hai que acabar con aquelo que oín moitas veces: "A Terra que non da de comer ós seus fillos, non é terra nin a mai que a pareu". Mentras sexamos cativeiros, miñaxoiñas, lambecús e similares, Galicia seguirá sendo terra de caciques. Escribinno fai tempo: Os caciques son o froito da miseria allea.
Sigo sen soportar D.Xesús, a inxusticia da emigración, nin vou calar na defensa do noso. Farto esto de esperas, e sobre todo, de ver eses ciroliñas lambéndolle o cú os caciques. Sigo sendo rebello como me chama D. Uxio García Amor, e hei seguir dicindo que iso da Xunta non é outra cousa que una oficina de colocación de enchufados do sistema caciquil. Nada tén que ver cos arelas daqueles homes do 28 de xuño do 36. Se se ergueran hoxe e viran como se manipulan os seus pensamentos, morrerían de novo de infarto.
D. Xesús, aquel Quixote, disfrazado de Toliño, sigueu os carreiros dos muiños e haille tantos que, aínda que ata recorrimos a súa ruta e nos entregaron esa carallada de caballero andante, nada foi como debera ser: as lanzas trocáronse en bágoas, os soños en pedras e moitos homes son hoxe malandris. Repítolle o da misantropía: se me dan noxo, é porque non se lavan.
Contarreille só unha aventura diste cabaleiro andante:
O meu paso polo Centro Galego de Madrid tiña como obxeto recuperalo para a convivencia dos nosos, pero aquelo, como vostede sabe ben, daba repelús pois cheiraba ó fascismo do xeneral Lobo. Algo da sementeira sempre se colleita, e así regresaron Ben Cho Shei, Dionisio, Borobó e algunhos outros cós que tiven a sorte de compartir. A máis poiden coñocer figuras coma Celso Emilio, no seu homenaxe, Novoneyra, colaborar con Manolo Lombao e o fianado Manolo Méndez no programa de radio "Galicia no corazón". Ata compartín ideas co poeta asturiano Angel González ou o mesmo Alfonsín. Eran os tempos nos que vostede daba conferencias por Madrid xa fose no Ateneo, no Circulo ou en Sargadelos. ¿Recorda?. Para vostede aquelo cecais fose un rito de fe na semente, para min aquel pracer de escoitalo resultábame unha pócima ou bálsamo de Fierabrás de amor á Terra. Ata recordo unha viaxe na que ámbolos dous coincidimos no aeroporto de Madrid sen saber ningún dos dous que viaxaramos xuntos e procedíamos de Porto Rico. ¿Recorda? Cecais aló ata poidéramos andar trais a pegada de Juan Ramón ou Pau Casals.
Aquela laboura no Centro Galego a moitos coma mín permiteunos estudar galego da mau doutro egregio profesor como era Freixedo Tabarés. Fantástica persoa, D. Xesús. Un dos homes que me axudou a comprender que o galego non se impón con radicalismos intransixentes, senón convencendo á xente do que tén de seu e o respecto que merece a nosa Fala. Aledóume moito días pasados atopar una sobriña neta, ata agora falante en castelán, que comprendera que a nosa Fala é tan importante coma outras, e vin nela, cos seus dazaseis anos, un novo froito da sementeira. Así mesmo amoseille a miña teima e adversión por isa nosa mocedade que rexeita ó idioma en beneficio do ingrés. Alguén halle dicir a ista xuventude que para seren de verdade artistas teñen que ter persoalidade suficiente e expresarse no idioma que sinten.
Volvendo ó Centro Galego, algunhas cousas fixemos, máis por ilusión que por medios e axudas. Ata organizamos o Homenaxe no Centenario da morte de Rosalía ó que asistiron Estravis e Ánxeles Penas. Todo moi humilde, máis cheo de ilusión.
Eran tempos nos que camiñábamos coa gramática de Goñi entre milleiros de nenos e vivimos nises vaixes polas movidas de aquelas terras descubrindo os citados malamdris, trapalleiros, mozos de mulas, fantasmas de carne e oso, ladróns e fauna trepadora diversa, máis dada ós cartos e a sona, que ó vivir humildemente na calada loita por un mundo máis xusto. Madrid, como ben sabe, é un muiño de vento onde as lanzas dos soños atopan o ar afiador que os troca en sachos e en sanchos. Como ve, dos políticos non falo. ¡Mamaiña! Por alí, naqueles tempos atopei en algunha ocasión a san Fraga. Antes, no 1968, despois de deixalo a vostede, en filosofia en Madrid, fun compañeiro da irmá de Enrique Ruano que, como ben sabe, foi suicidado pola policia da que a xoia de Vilalba era responsable. Os políticos sempre me deron repelús, noxo e, se algún se salvara, que me perdoe. Raro sería que fose galego.
Velaí a miña vida a grandes rasgos, porque nunca, nas fugaces conversacións que tiñamos, sempre estaba apurado, e o que se trata hoxe é de honmenaxealo a vostede.
De vostede hai tántas cousas ditas e escritas que pouco poido eu engadir que non sexa que para min foi o facho que alumou a miña vida e a cingueu á ista Terra, da que doores me sobran; non embargantes, a un home coma min tan dado en atopar silvas, fochancas, néboas, pedras e a fauna- salvaxe de dúas patas... cómprelle dicir que sempre tiven a súa luz, ise facho no curuto do monte, que aluma a cerna onde viven os paxaros dos soños, esa verdade que se abre camiño na néboa e que, co caiado dos bós e xenerosos coma vostede, sempre sirve para sementar na horta das esperas, sempre está aí aledando os corazóns mariñeiros que traen no bico un cantar que diria Rosalía. Grazas porque vostede me enseñou a socioloxía de Castelao, as Ruínas de Rosalía, O porco de pe de Risco, a dignidade no banquete de Conxo de Pondal, a rebelión -que canten os que comen ovos, escribía vostede fai uns dias dun veciño meu- que non se me esquence. Enseñou a aquel folgazán como era eu a ler moitas máis obras das grandes figuras da nosa literartura. Grazas porque vostede sirveume sempre de amarra para seguir na loita por isa Terra que tamén é miña, aínda que no seu momento escribira un poema titulado Galicia Terra deles.
Na última chamada súa alentabame a seguir escribindo poesía e díxenlle que a deixara porque a poesía merece respeto. Eu escribo moito co corazón e pouco coa métrica ou as metaforas, así que ¿para qué vou a escarallar isa flor tan fermosa que brota da ailma dos poetas? Ser consciente das limitacións é unha cura de prudencia.
Dito isto, vaia pois daquí o meu máis sincero aperta, que Mero chama de buxo, para agradecerlle eternamente a nunca esquecida paciencia para enseñarme, o seu labor de profundo estudo en todo o referido a nosa Língua, a gorencia das súas imnumerables conferencias, a amistade que surxiu entre nós a pesares de tantos anos de separación física -máis de cincuenta-; e sen embargo, sempre ¡tan xuntos!, xa fose coa lectura fundamental para entendela Terra, xa autores suxeridos, xa traballos seus sobre diversos temas... e a máis sempre seguín o seu vivir e ata sofrín os ataques inxustos que vostede recibeu dos intolerantes exclusivistas de entender Galicia. Mágoa que o ser libres esteña sempre posto en solfa polos radicais, que así amosan a súa parvez intelectual. Aledáronme moitísimo os seus éxitos, xa como Presidente da RAG, como calquer outro, e sempre os celebréi como fai un verdadeiro amigo. Sinto orgullo da súa bonhomía e valía e únome cos meus compañeiros de Maxisterio e máis público a iste merecido homenaxe a iste enorme Mestre que tiven a fortuna de atopar na vida.
Grazas darei por ilo a quenes tiveron a sensibilidade e acerto de organizar ese acto de recoñocimento, en especial a Mero que foi quen contactou conmigo, e saiban todos, vostede e iles, que o meu máis sincero agarimo está sempre para apertar, con esa forza que ten o buxo, o meu corazón co de D. Xesús.
Con ista flor nos beizos as follas dos soños voan polo ar camiño do Señor de Ventosela.

Colmenar Viejo, 13 de Abril, 2024.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES