Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coidadiño, que están aí

lunes, 15 de abril de 2024
Estamos que nos asamos. Sen asarnos. Aínda así hai que recoñecer que vivimos nun lugar privilexiado. Climatoloxicamente falando, temos de todo: desde as xeadas máis Coidadiño, que están aícriminais ata a canícula máis sufocante, desde as treboadas máis fortes ata a calma branca. Mesmo hai días que, nas súas 24 horas, pasamos por varios cambios atmosféricos... chuvia con sol, sol con neve, saragana con vento, etcétera. Vivimos nun lugar tan marabilloso que incluso lles podemos "dar na cara" a aqueles que sempre se queixan do noso mal tempo: Estes días mesmo, Ourense alcanzou as máximas de España. En todos os anos, exactamente en todos, sempre hai catro, cinco, dez días ó ano nos que o sol é onde máis aperta, e, pola contra, tamén as xeadas son onde máis caen, é dicir, onde as temperaturas máis baixan. Como dicía aquel, temos para dar e tomar ou para colgar nas orellas.

Quen non tivo vergonza foi Ecuador, asaltando a embaixada mexicana para deter ó ex Coidadiño, que están aívicepresidente Jorga Glas. Iso non se pode facer! Non se pode entrar desa maneira nun organismo doutro país, por moito que estea no territorio do asaltante. Si, é verdade, que todos os demais países puxeron o grito no ceo, pero non sei se pasará moito de aí o asunto. Actuaron coma o cura pola igrexa ou coma Xan polo outeiro.

Exactamente igual que eses ultras que agrediron ó ex alcalde de Ponferrada. Sei que me repito, pero xa teño denunciado moitas veces que moito coidadiño con eles. Que empezan dous ou tres, que se encoraxan e xa non hai volta de folla. A esta xente hai que pararlles os pés, pero xa. Unha persoa non pode nin debería ter medo de espallar as súas ideas; así como é de covardes que, moitos, en vez de rebater con sentidiño as opinións, fagan uso da violencia para impoñer os seus pareceres. Como non se corten de raíz eses ataques, esas aldraxes, non tardaremos en volver ós paredóns e cunetas. Que coidadiño, que están aí. Acazapados, pero están aí. E xa non tan acachoupados.

Tampouco se esconden eses pais que matan ós fillos para facerlles dano ás mulleres. Violencia vicaria, lle chaman. Ou violencia machista. Que máis dá o nome; o asunto está en que, unha vez máis, pagan os máis inocentes. Que culpa teñen os nenos? Iso si é caer baixo, ser rastreiros; facerlle dano a alguén por medio dos seres máis queridos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES