Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 16 de abril de 2024
A miña alma

Caeu pedra, graínzo, salpedrés, sarabia e pensei que me partía a alma. Non ma partiu. Porque o pedrazo que caeu foi pouco e a miña alma é moita. Grande. Branca. Inmaculada. Impoluta. A miña alma, cos golpes, nin escacha. Porque tamén é dura. Dura de roer. A alma é ese algo, ou sexa, esa nada que flúe polo baleiro, que dicimos que está ou que a temos, que non vemos pero que a sentimos... vai ti saber.
Pingas de Orballo Agora toca facerse preguntas sobre se existe, sobre se abarca todo o silencio, sobre se racha ante o ruído, ou se corre amodiño, se se bambea ante un suspiro. A alma pode ser a preguiza da inconsistencia ou o ruxerruxe do día a día. Baila a miña alma influenciada por un tema musical de Jean-Michel Jarre. Non sempre me deixo inspirar por Morricone ou Vangelis. De cando en vez ou moi a miúdo, furgo na alma de Jerry Goldsmith.
Na miña alma, aínda que queira furgar alguén, non me deixo. Xa dixen que era dura de roer, de rillar. Tamén é caritativa, agradable, sincera, melancólica, única, universal, eterna. Teño alma para repartir pola existencia de cada un. E podo repartila ós cachos ou dunha sentada. Sempre fun espléndido para todo. Coa miña alma fago e desfago os versos do poema e os capítulos da novela.
Teño alma para espertar dos soños e para choutar sobre as ilusións dun encontro. Seguro que, no salto, a miña alma segue a espallarse pola pequena treboada que asomou na que, a pedra, derreteuse ó contacto coa miña esencia. A miña alma deita sobre unha lenda amarela.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES