Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (1)

viernes, 29 de marzo de 2024
-.-
Buscando e buscando para documentarme, isto é o que atopei:
¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (1)
-.-

Martiño / Martiña

Martín
, forma proclítica na Idade Media. Hoxe é dialectal.

Étimo: Do nome romano Martinus, derivado de Mars, Martis ("Marte", deus da guerra).

Significa: "de Marte", "dedicado ao deus Marte". Nome moi frecuente na Galia, de orixe pagá, que aceptaron os cristiáns pola perda de consciencia do seu étimo ou pola popularidade do santo bispo de Tours.

A forma feminina tamén se considera diminutivo de Marta. Este nome deu lugar aos apelidos Martínez, Martíns, Martís e Martín.

O San Martiño Dumiense, ou de Braga, celébrase o 20 de marzo.

-.-

¡Meu querido e admirado Martiño, coa de desvíos que temos agora, que falta nos fai outro "Correctione", para iso..., para corrixirnos, e non só no relixioso!

Martín de Braga (da Braccara Augusta), latinizado como Martinus Bracarensis, e tamén coñecido como Martín de Dumio, Martín Dumiense, ou Martín da Panoia, (Panonia, Hungría, sobre os anos 510/515 - Braga, 579 ou 580), foi un bispo, teólogo e escritor eclesiástico hispano católico, de orixe panónico, chamado o "Apóstolo dos suevos".
¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (1)
A súa obra eclesiástica e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da antigüidade clásica; a predicación dun cristianismo ortodoxo en tempo de herexías; e as súas relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e de Isidoro de Sevilla.
(San Isidoro, no seu De viris illustribus, realizou a primeira biografía de Martín de Braga).
Pero eu teño a intuición de que no meu Montecubeiro serías máis coñecido como o "Martiño dos Bolannios", pois aquel Cura de Bolaño (agora dedicada esa parroquia como Santa Eulalia de Bolaño), cando me ensinou as ruínas do Mosteiro do Bolannio antigo, estas, ben que me dixo que o de pasar de Martiño a Eulalia (Eulalia de Mérida, virxe e mártir cristiá, -do 292 ao 304, unha nena-, foi un antollo da fundadora da igrexa actual, deste edificio, opinando que os do Bolaño novo xa non precisaban "correctivos", que tiñan ben aproveitado o teu libro De correctione rusticorum, pero o que si necesitaban era herdeiras do estilo daquela nena, daquela Eulalia..., así que eu, servidor, con moitas ganas de "corrixirme", ¡son do monte, do Monte Cubeiro!

Tan pronto como tiven coche planteime en Dume para..., ¡para ampliar coñecementos!
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES