Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 28 de marzo de 2024
No vagón de cola

Subín ó vagón de cola e deixei que o tren me levase polas vías da quimera, da utopía, do descubrimento. Quería descubrir que había máis alá do túnel da Fervenza. Tamén que me daba igual chegar... coma se fose á fin do mundo. O caso era marchar. Subín ó vagón de cola e marchei.
No vagón de cola tan só viaxaba eu. Eu e as miñas ansias. Eu e os meus anhelos. Eu e as miñas esperanzas. E as penas e pesares. Berros e silencios. Preguizas e traballos. Fantasías e realidades.Pingas de Orballo Todo o demais era nada. Baleiro e ruído. Moito ruído. O ruído do tren.
Coa noitiña xa perdera a noción do tempo, do espazo e das circunstancias. Non sabía por onde andaba. Aínda que, como dixen, dábame igual. O caso era marchar, escapar. Escapar coa conciencia, iso si, moi tranquila; e coas esperanzas abertas a todo: a unha ilusión, a unha emoción, a un abrazo, a ducias de bicos, a certos desexos, a diversos xogos...
Cando pensei que quedaba durmido, o troupeleo do tren fíxome pegar algo así coma un brinco. Nada, era coma un entresoño que se reflectía ante o espello da memoria. Non tardei de novo en topenear, pero decatándome de todo o que acontecía ó meu lado. Ou sexa, nada. Porque seguía só. Porque o tren non se detiña e ninguén subía. Porque o ruído, aquí si, ganáballe a batalla ó silencio.
Porén, tanto troupeleo compasado esgotou as miñas ansias ata rematar soñando coa esperanza cumprida ou consumada e co desexo seducido ou conquistado. Espertei nun lugar descoñecido. Seguín no vagón de cola. Deica o infinito e máis alá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES