Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valía incalculable

jueves, 28 de marzo de 2024
Sempre se lle deu importancia á economía, porque a ten.
- A vida está moi cara e cada día máis.
¿Cando no estivo cara a vida?
Pero hai algo de moita máis valía: o relevo xeracional
- Criar un fillo supón moitos gastos e privacións.
¿Cando non costou traballo subir unha criatura para que poida abrirse camiño na vida?
Sempre foi moi costoso.
Pero a economía non un fin.
A economía é un medio para conseguir un ben superior: calidade de vida.
Hoxe en día, a economía familiar vai un pouco mellor con relación a outros tempos, grazas en boa medida á incorporación de muller ó mundo laboral.
Aínda así a emancipación económica, ten un prezo moi elevado.
Noutros tempos conformábamonos con moito menos.
CERTA DOSE DE NECESIDADE OBRIGA A BUSCAR NOVAS ALTERNATIVAS.
Incluso nos fai máis humildes e agradecidos.
Hoxe en día de humildade é agradecemento fálase pouco.
Priman os dereitos, o materialismo, o consumismo, o hedonismo...
¿TEREMOS ESQUECIDA A NOSA ORIXE?
A verdade é que cambiaron moito os tempos; pero esquece-la orixe non deixa de ser preocupante.
A MELLOR INVERSIÓN
A mellor inversión é a que se fai en: relevo xeracional ben educado.
Pero para que haxa xente nova, ten que haber nacementos.
Noutros tempos con moita máis necesidade criábanse un fato de fillos e todos saían adiante.
A necesidade agudizaba o inxenio.
HOXE EN DÍA A NECESIDADE NON SE CONSIDERA UN VALOR.
Pero ter, sí que o ten.
Grazas que aínda quedan moitas persoas que valoran a necesidade como un medio para conseguir cotas moi satisfactorias de calidade de vida.
Vida compartida en familia por eso hai persoas que teñen moi claro que a mellor invesión é a crianza de novos seres humanos.
Tódolos esforzos que se fagan por subir unha criatura son xustificados porque unha vida humana ten un valor incalculable.
Con tódalas dificultades que poida supoñer, está claro que é a inversión máis valiosa.
NADA HAI TAN VALIOSO COMO O SER HUMANO.
Hoxe en día son moi dignos de admirar aqueles xoves que, pese ás dificultades, optan por formar unha familia estable con intención de ter descendencia.
Non teñen medo a pasar momentos de estreitura económica.
Saben que os fillos son froito do amor que non ten parangón.
Saben que os seus fillos serán os piares nos que descansará o futuro próximo.
Saben que o relevo xeracional é imprescindible.
SEN RELEVO XERACIÓNAL, ESTARÍAMOS CHAMADOS Á EXTINCIÓN DA ESPECIE HUMANA.
A xente nova ten unha valía incalculable e fai moitísima falta.
Non sei que pasa nas sociedades de benestar nas que moitos xoves retrasan o tempo de ter fillos producíndose a inversión da pirámide poboacional.
Fillos: non; pero mascotas tratadas como fillos: sí.
Paradoxos da vida.
¿TEREMOS INVERTIDA A ESCALA DE VALORES?
A pirámide invertida non conserva o equilirio: derrúmbase.
As criaturas son unha bendición: son bullicio, son alegrá, son vida.
Un pobo sen nenos é unha tristura, non ten futuro.
¿QUE ESTAMOS VENDO Ó NOSO REDOR?
- Poucos nacementos.
- Moitas defuncións.
- Poboación avellentada, principalmente no medio rural.
- Soidade na ancianidade.
- Cidades saturadas de persoas que viven estresadas.
- Poboación xove con máis medios; pero con menos valores e mais suicidios.
- Escasez de man de obra por falta de relevo xeracional.
- O campo queda abandoado: ser labrador non é rendible hoxe en día.
¿ESPERANZA NO FUTURO?
A esperanza nunca pode faltar.
O futuro construímolo entre todos, principalmene a xente nova.
Sen xente nova non hai futuro.
Cómpre premiar os nacementos.
Cómpre permiar a familia e as relacións interxeracionais.
Cómpre revitalizar o medio rural e recoñecerlle o valor que se merece.
Os labregos producen alimentos, crean paisaxe, crean paisanaxe e conservan as tradicións.
Cómpren alicientes que permitan fixar xente nova no medio rural.
Porque a familia é a célula fundamental da sociedade.
"CÉLULA FUNDAMENTAL"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES