Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Leite noso é un deleite

jueves, 21 de marzo de 2024
Neste país non sobran motivos para felicitarnos, pero de vez en cando aparecen e, neses casos, convén dicilo en voz alta. Que o escoiten!

Deleite é como coñecemos a marca, etiquetada en galego. Primeira razón para recoñecela.

Un grupo de gandeiros acordaron comercializar directamente o seu propio leite. É máis, producen leite A2A2 seleccionando as vacas A2 que pola súa xenética non teñen a proteína beta-caseína A1 (resultado dunha mutación xenética). Esta proteína é a causante de boa parte dos problemas dixestivos relacionados co consumo do leite. En Leite noso é un deleiteDeleite evítase, por unha selección natural das vacas, achegando un produto orixinario, auténtico e xenuíno, xa que non é resultado dun proceso tecnolóxico. As explotacións que producen este leite son innovadoras, modernas e profesionais que coidan o benestar animal e o medio ambiente. Segunda razón, e ben poderosa, neste mundo de rapiña e engorde dos intermediarios.

Pero ademais, Deleite está comprometido coa cultura galega (literatura, artes, cine, música), ese é dos seus sinais de identidade. Da mesma terra que produce o leite e que debería bebelo (se somos conscientes de que o compromiso debe ser por ambos lados), a defensa da cultura propia. Terceira razón.

Pois si, este é un artigo de opinión, non unha nota publicitaria. Pero déixenme que fale ben de quen traballa polo país, quen bota unha man a favor da lingua e da cultura, apoiando a educación e a rapazada. Por que me acordei de Deleite? Pois porque patrocina o único premio de Poesía para a Infancia que se convoca en Galicia; faino a Fundación Neira Vilas coa colaboración de GALIX e subvenciónao Deleite. Por outra banda, é unha das poucas empresas que poñen publicidade na Revista Galega de Educación, a única pedagóxica impresa e en galego. Educación e infancia. Se este fora o país que soñamos os comedores escolares gastarían esta marca de leite e ningún outro, polo citado anteriormente, pero tamén por estar etiquetado en galego.

Nunca fun ao Festival do Leite e seguramente vale moito a pena, pero algo que me ten reconfortado tamén, con esta marca é a súa participación no Salón do Libro Infantil de Pontevedra. Cando entras, no mostrador atopas unha caixa de tetrabricks de Deleite, chamoume a atención e preguntei, daquela fóronme contando anécdotas coma a do neno que chegaba cada tarde e lle dicía, "dásme un zumiño deses de leite"? Tal como se recolle na súa páxina, Deleite colabora coa literatura, as artes, o cinema e a música, facéndose presente nas citas imprescindibles coma o Culturgal.

Pronto veremos o seu logo na páxina do Museo do Pobo Galego, no apartado de socio protector. Unha razón que nos obriga a falar deles, do leite e da súa implicación na vida cultural. Porque Manolo Rivas falaba do millón de vacas que se debuxaban no verde do país, naquel retablo construído coa sensibilidade e a observación dunha realidade que non se pode esquecer.

Como agradecemos a Deleite o seu compromiso co país!
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES