Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (11)

martes, 26 de marzo de 2024
XI. Parroquia: Río, San Martiño de.

1. Cruz Misional.

Coordenadas U.T.M. X: 637.574 Y: 4.740.597.
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (11)
Está situada na parte lateral dereita da fachada, adherida á mesma.
Trátase dunha cruz latina, que amosa nos extremos dámbolos dous brazos -lonxitudinal e transversal- unha forma de cruz, que mostra por cada brazo os seguintes elementos: dúas pequenas molduras cóncavas a xeito de "cavetos"; dúas pequenas molduras convexas ou "cuarto de bocel", rematando nun pequeno arco apuntado.
Na parte superior do brazo lonxitudinal lese a seguinte inscrición: JHS. No obstante, a "J", sitúase por riba do lado esquerdo da "H", e a "S", por riba do lado dereito da "H".
Na intersección dámbolos dous brazos, formada por catro pequenas molduras convexas ou "cuarto bocel", lese a seguinte inscrición nunha orde descendente: / "DIOS MIO / Y / TODAS MIS COSAS/ SANTA MISIÓN DE / LOS R.R. P.P. FRANCISCANOS/ 12 SBRE / 1920"/.
Así mesmo, a inscrición do ano: "1920" está situada na parte media do brazo lonxitudinal.

2. Cruceiro de Río.
Coordenadas U.T.M. X: 637.460 Y: 4.740.489.

Está situado nun antiguo cruzamento de camiños, hoxe estradas locais, que parten á dereita da LU-636,Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (11) e preto da antiga escola unitaria de Río.
Nesta, en decembro do ano 2008, colocaron unha placa de madeira na que se le o seguinte: "ESTA ANTIGA ESCOLA UNITARIA DO NÚCLEO DE RÍO FOI / REHABILITADA POLO OBRADOIRO DE EMPREGO "RAMÓN PIÑEIRO III",/ PROMOVIDO POLO CONCELLO DE LÁNCARA E SUBVENCIONADO/ POLA CONSELLERIA DE TRABALLO E FONDO SOCIAL EUROPEO / SENDO CONSELLEIRO O EXCMO. SR. D. RICARDO JACINTO VARELA / SÁNCHEZ E ALCALDE O SR. D. DARÍO ANTONIO PIÑEIRO LÓPEZ/".
O lugar onde se encontra o cruceiro ten unha rampla ao seu carón. Polo tanto, foi necesario poner unha cimentación de reforzo, cuberta de pizarra. Por riba da mesma, vai un podio de cachotería, de forma paralelepípeda, que serve de soporte a unha base monolítica de cantería, que amosa dous tramos: o inferior, de forma paralelepipeda, con pequenos arranxos nas úas arestas; e o superior, cunha molduración cóncava, a xeito de "caveto ou nacela" invertida. Nunha das caras da base hai unha inscrición, na que se conservan as seguintes letras: BD-BCA.
A base prolóngase nun fuste de sección cuadrangular na parte superior, que mostra algún arranxo realizado con cemento, e oitavado no resto. Este serve de apoio a un capitel clásico, moldurado, do que arrinca unha cruz de sección cuadrangular nos extremos e oitavado; os extremos dos brazos e da cabeceira amosan un tipo de cruz florenzada.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES