Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero (12)

martes, 26 de marzo de 2024
Trondea

Reparen os señores deste Xurado,
e poñan atención,
que por certo non é válido, por machista,
sen mulleres,
pois a pena de morte está abolida,
¡na propia Constitución!

Xurado

¿Que non hai mulleres...?
¿E logo, que somos, pois, se cada tres homes fan unha muller,
e aquí estamos sete,
que equivalen, que valemos, por un home e dúas mulleres?
En canto a iso da pena de morte...,
aboliuse a das persoas,
pero nada nos impide queima-la beleza,
e máxime se é causa de tentación,
dentro ou fora da Constitución!
¡Que faga Testamento das súas virtudes...,
se algunha lle queda!

Notario:

Estas son as mandas da vosa Pascua...,
xa que vos empeñades en queimala,
volvendo á Inquisición!

De primeiras, amar á propia muller,
a á viceversa,
pois do resto, todo pasa: fume de carozos!

(Nun aparte: Por algo non se casan os arrexuntados,
que ao non ter intención de cumprir co sagrado,
nin cumprilo xuran, pero niso son máis leais cós malcasados)

Falando de xurar:
Non xurar en falso, e menos aínda coas promesas matrimoniais.
Santifica-las festas, sexan ou non de gardar,
mándeas o Cura ou o Sancristán...,
particularmente os sabadetes, que son días de descanso...,
segundo para que, e segundo para quen!

Honra-las mulleres do próximo...,
pero desde lonxe, contentándose con bicárlle-la man!

Non mata-las ilusións,
que xa adoitan morrer elas,
de seu,
particularmente se non se regan acotío,
con bicos e con apertas.

Os actos impuros tórnanse puros
cando se fan na casiña de cada quen,
¡sempre que sexa despois da bendición sacerdotal!
O Cura é o único que está autorizado para bendicir
aquilo que lle está negado probar,
pois agora,
nin prima noctis, nin méscaras!

Non furtedes os amores do próximo,
¡pois mulleres sobran, e homes case que tamén!

Mentiras de amor,
¡nin antes nin despois!

Os malos pensamentos axean os amores.
¡Son malos para a pel, que se volve dura,
e o corazón, tamén!

Cobizar o cónxuxe alleo é un atraso,
¡que chega con soportar ao propio, medio século,
ou se cadra máis, salvo que veña o cancro!

Estes dez péchanse en dous,
pois os pecados do Carnaval púrganse coas virtudes da Pascua,
se a queremos celebrar!

Xa que non me indultan,
-di esta rapaza, pois aínda que é de papel e de pólvora ígnea,
fala!-,
morro por face-las paces deste Manuel
coa súa desposada,
dous cretinos,
¡tantos que hai!,
que de tan namorados que están
buscan rifallos...,
para fode-la xente do arredor, e dar que falar!

Non lles fagan caso a estes Predicadores,
que predican o que non fan;
e déanlles de condena volver para as súas casas
ás catro patas,
¡por escandalizar, por desagradecidos e por burros,
que iso é o que son, que iso é o que fan!

Saben agora, señores do público,
por que se di iso de,
facerlle a un as Pascuas?
¡Fíxense nesta parella e tiren dela as súas, propias, conclusións!
Nunca esquezan, señores do Xurado,
que as cabras, co vicio, dan cos cornos no cu!
Este é o caso de tódolos casados malcasados,
e cando lles veñan tentacións,
colguen o cero dezaseis,
lembrando que o casamento
é,
sempre, e de sempre,
filloas con mel,
¡se o sabemos comprender!

¡Dixen!
-.-

Xavier volve co burro, pero quítalle a albarda, dicindo:

Váianse os dous da pé,
e tornen ao seu fogar;
vólvanse por onde viñeron,
sen máis folgar,
que non hai dereito para que os burros cabalguen encima doutros,
dos que non o son, dos que aínda non o somos,
nin nos queremos contaxiar!

Finish coronat opus
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES