Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encontros literarios en Gres. Ledicia Costas.

jueves, 01 de febrero de 2024
Dentro dos Encontros literarios en Gres, tivemos ocasión de conversar con Ledicia Costas, unha das escritoras de referencia dentro do panorama literario galego.

A única autora que acadou por terceira vez o premio Lazarillo de literatura infantil e xuvenil con Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta en 2015, A balada dos Encontros literarios en Gres. Ledicia Costas.unicornios en 2017 e A lebre mecánica en 2021. É a primeira vez que sucede neste premio, que é o máis antigo do seu xénero, pois leva convocándose dende 1958.

A muller que foi premio nacional en 2015, con Escarlatina, a cociñeira defunta e conta con moitos dos galardóns do noso sistema: o Merlín (dúas veces) co libro anterior e con O neno de lume, da AGE, da AELG, da Gala do Libro Galego, Premio de poesía Afundación, premio dos Clubs de Lectura... os seus libros forman parte de prestixiosas listas como a de Honra do IBBY ou a dos White Raven, a de libros para rapazada con diversidade funcional do IBBY... e, máis alá, foi premio da Cultura Galega en 2020, Viguesa distinguida e Medalla Castelao. Que máis se pode pedir? Xa non falamos das linguas ás que son traducidos os seus libros e nas que se len estas historias creadas en Galicia.

Comezou a escribir moi nova e publica, por primeira vez, con vinte e un anos un libro (Unha estrela no vento) que levaba escrito dende a adolescencia. As súas obras van destinadas á infancia, mocidade e adultos, traballa os xéneros narrativos e a poesía, e ten abertas un par de series para primeiros lectores/as e lectorado autónomo (Os Minimortos e A señorita Buble).

O seu paso pola Fundación deixou rastro do seu gusto pola lectura dende os primeiros anos, do peso da literatura (que ten que ver coa casa de Neira Vilas e Anisia Miranda) no seu haber, dos libros que a tiñan influído máis, dos gustos que aínda conserva, como decidiu dedicarse profesionalmente á literatura abandonando a avogacía, a satisfacción polas traducións das súas obras, a relación entre a lectura e a escritura, a diferenza entre escribir para rapazada e para xente grande, a relación de Infamia co crime de Marta del Castillo ou o tipo de personaxes que prefire, o peso da tenrura e o humor na súa obra...

O paso por temáticas tan duras coma o narcotráfico ou a crónica de sucesos foi outro dos temas tratados así como o compromiso co galego que mantén dende o principio da súa escrita ata a actualidade.

Ledicia Costas comentou a relación que mantiña cos lectores e lectoras a través dos encontros en centros, librarías e bibliotecas, como a alimentaba ese retorno das súas obras e como o lectorado lle demandaba que continuase escribindo sobre determinados personaxes.

Un encontro na tarde, na casa do Romaño, para falar de literatura. As palabras enchen os recunchos polos que continúan movéndose as de Anisia e Pepe e envólvennos co poder da maxia literaria.

Os encontros literarios continuarán despois do verán, nun curso que nos traerá novos autores e autoras cos seus libros. Diso se trata, de xuntarnos para falar do que nos gusta: os libros e a lectura.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES