Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As exposicións da Granell

jueves, 30 de noviembre de 2023
É un luxo contar cun museo de arte surrealista en Santiago, algo do que non sempre somos conscientes nin a cidadanía nin tampouco as persoas responsables. Unha Fundación que recolle fondos do autor, das súas coleccións de arte primitivo, dos amigos surrealistas do pintor, das doazóns de artistas desta corrente de calquera parte do mundo. Certamente ás veces bótase de menos que o que se expón corresponda a este estilo, que se converta o espazo nun centro contemporáneo sen máis ou nalgunhas ocorrencias que igual non veñen a conto.

Dóeme moito cando vexo que estando no mellor lugar de cidade non recibe as visitas que lle corresponderían, porque iso é unha lacra para Compostela, se a cidade está As exposicións da Granelldesbordado de xente e esta non asiste aos museos, que quere dicir? Que clase de turismo promovemos?

A Fundación Granell conta con varias exposicións con moito interese, na actualidade. Por un lado estarían as de colaxes de Amparo Segarra (Corpos recortados), Philip West (Pegadas e marcas) e Eugenio Granell (Detrás do sol. Granell en Puerto Rico) con fondos da propia Fundación; conta con Café Cervantes: a arte da colaxe de David Coulter e Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o surrealismo no exilio.

Son impresionantes as imaxes que con recortes crea, Amparo Segarra, a muller de Granell, ao longo do tempo imos coñecéndoas porque forman parte dos fondos da Fundación, da doazón da familia. Uns colaxes que sempre sorprenden, para os que semella haber un espazo propio de exhibición. Nesa sala lembro tamén as notas que Granell deixaba a Amparo cando saía e ela non estaba (para recibir o recado); son tan poéticas e amorosas que unha sempre vai botar de menos unha compañía que pode saudar ao día e á persoa como el o facía.

Philip West vén do underground inglés e representa a continuidade do surrealismo como arte e filosofía de vida ata que remata os seus días en Zaragoza en 1.997. A súa afinidade con Granell lévao a doar gran parte da súa obra pictórica e unha importante biblioteca á Fundación, esta comprométese a realizar mostras como esta á que asistimos no momento actual.

A exposición de Granell en Puerto Rico responde a ese momento no que despois de once anos de exilio en Latinoamérica e Caribe recala na illa, era 1950 e vai traballar na facultade de Belas Artes na universidade de Río Piedras, onde forma a primeira escola de arte moderno colaborando no desenvolvemento dos artistas insulares nunha nova narrativa.

David Coulter crea estes colaxes no tempo no que se aloxa nesta rúa do barrio das Letras en Madrid. Unha serie de colaxes barrocos nos que os mundos se mesturan creando retablos alterados e eclécticos con imaxes extraídas de libros de texto, revistas, carteis de cine ou publicidade de todo tipo. Un verdadeiro teatro no que constrúen mundos alternativos que obrigan a abrir novas portas e atender as miradas críticas dun observador da realidade. Todas as culturas formando parte da popular que se presenta a modo de mosaico.

Colmeiro, Granell e o surrealismo no exilio "pretende unha lectura sobre o impacto do movemento surrealista na obra de Manuel Colmeiro nas décadas dos trinta e corenta e mostrar os puntos de conexión coa obra de Eugenio Granell, pintor da mesma xeración e figura de referencia do surrealismo dende os anos corenta, ambos con traxectorias vitais marcadas polo exilio e a súa presenza en América Latina". Ademais, a mostra conta coa "presenza de obras e documentos de André Breton, André Masson, Wifredo Lam, Wolfgang Paalen, Esteban Francés, Óscar Domínguez, César Moro ou Roberto Matta, todas da Colección Granell, evidenciando a enleada e frutífera rede de ligazóns que tivo unha importancia fundamental na evolución da arte, sobre todo nos anos da Segunda Guerra Mundial" cando a maioría destes artistas tiveron que exiliarse no continente americano.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES