Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O porco de pé

jueves, 13 de octubre de 2022
Non descubro nada do outro mundo se digo que "O porco de pé", de Vicente Risco, é unha das mellores novelas da literatura galega e tamén unha auténtica O porco de pélabazada á sociedade da época. Sobre esa parodia e crítica á burguesía Pepe Sendón realizou unha versión teatral para Producións Teatrais Excéntricas e baixo a dirección do gran Quico Cadaval. Tiven a oportunidade de vela hai uns días na Casa de Cultura Manuel María de Barbadás, na Valenzá.
Segundo coñecía e sabía da novela do autor ourensán, tamén coñecía e sabía dos tres actores que a representaron, principalmente polas súas intervencións en series da TVG. Mais son dos que digo que un actor onde ten que demostrar a súa valía, o seu auténtico mérito é no teatro. Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son moi bos e máis que coñecidos nas series e nas películas cinematográficas. O outro día, sobre as táboas, demostraron que son aínda máis que bos. Aí, no escenario, é onde se sabe se un actor actúa de verdade. No cine, moitas veces, ou disimulas, ou imitas, ou te excedes, ou sexa, sobreactúas. No teatro, ó ser en directo, é onde hai que dar realmente o dó de peito.
As parodias de "O porco de pé" eran máis retranqueiras e as críticas eran máis demoledoras. Teatro en estado puro e actuacións sobre as que non podo dicir cal foi mellor. Porque o trío de actores demostroume que, si, o cine ou a televisión ten o seu aquel, a súa fama; pero o teatro... o teatro é moito teatro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES