Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os cambios veñen de dentro

jueves, 07 de octubre de 2021
Os humanos somos moi dados a ver as cousas por fóra, a parte superficial, a que salta á vista.
Por tales motivos falamos e falamos querendo amañar o mundo e cando rematamos a conversa, comprobamos que todo segue igual.
¿Por qué todo segue igual?
Porque nos esquecémonos de que os cambios sempre nacen do noso interior, da nosa maneira de pensar, da nosa maneira de ve-la vida que nos leva a unha determinada meneira de actuar.
Tamén somos moi dados a botar a culpa ós outros: os neglixentes sempre son os outros...
Pois non é exactamente así.
Está claro que os outros non fan as cousas tan ben como deberan; pero eu... ¿Eu fago todo ben? ¿Eu son unha persoa perfecta?
Non somos perfectos, somos moi complexos; pero perfectos, non.
Como non somos perfectos, sempre teremos algo que mellorar.
Do que debemos mellorar, fálannos as persoas que máis nos queren:

-Así as persoas que máis nos corrixen son as da propia familia que son as que mellor nos coñecen.
Corríxennos pero a veces facémoslles caso e outras veces, non.
Temos que asimilar que a corrección que nos propoñen é a acertada e aínda así, pode resultar difícil.
Por eso en moi boas familias, pode aparecer un membro que "descarrile".
Temos moito que agradecer ás persoas da familia que nos corrixen para evitarnos problemas.

Pero hai outras moitas persoas que amorosamente nos amonestan:

-OS NOSOS MESTRES que fan un labor de suma importancia que marcará a nosa vida para sempre.
Lástima que a figura do mestre de hoxe en día non teña o peso que tiñan noutros tempos!
Vivimos nunha sociedade "descafeinada". ¿Non si?

-OS SACERDOTES CATÓLICOS que van guiando ós crentes según a lei divina que xa levamos impresa nos nosos corazóns desde o noso bautismo.
Os sacerdotes fan un labor moi importante porque a arma que utilizan é xustamente a Palabra de Deus que é: Verdade, Camiño e Vida.
-Lástima que non lles fagamos moito caso.
-Lástima que moitas familias pasen de ofrecerlles eses valores ós seus "pupilos".
-Lástima que prestemoss máis atención ó que fan que no que din!
Eles tamén son humanos e teñen os mesmos fallos que o resto; aínda que, en teoría, non deberán ter tantos...

-AS AMISTADES VERDADEIRAS velan polo noso benestar tanto ou máis que moitos parentes.
As amistades sofren cando ven que non facemos o que nos aconsellan.
Elas aconséllannos moi ben pero non saben o que nos costa.
Consellos mellores ou peores, sabémolos dar todos; pero tomar conciencia do que eso significa non debe ser doado porque somos moitos os que fallamos.
É moi plausible que che digan:
-"Tés que perder quilos"
Perder quilos tendo bo apetito e alimentos suficientes para comer, é todo un sacrificio que non está ó alcance de todos.
-"Tés que camiñar"
Camiñar é unha delicia cando a túa saúde cho permite, pero cando non... ¡Vaia calvario!
-"Tés que estudiar para labrarte un bo futuro"
Cando a túa capacidade intelectual non dá para máis, cando se che cruzan os cables ante as explicacións, cando non tés apoio na casa...
-"Tés que deixar de fumar"
E pensas: xa o intentei moitas veces...

Resumindo:
Perderemos quilos cando non nos quede máis remedio.
Camiñaremos na medida que as nosas forzas nolo permitan.
Estudiaremos arreo cando vexamos que a nosa vida pode ser máis proveitosa para nós mesmos, para o benestar da nosa familia e para crear unha socidade máis culta.
Deixaremos de fumar cando un bo día teñamos a determinación de facelo.

E así pasa con todo.
Se temos que facer o que nos impoñan pola lei da forza, malo.
FAREMOS O QUE O NOSO SER INTERNO NOS DIGA.
A todos nos fala a voz da conciencia se a queremos escoitar.
Precisamos moita introspección.

"MOITA INTROSPECCIÓN"
Este será o título do segunte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES