Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cara a onde imos?

jueves, 03 de diciembre de 2020
Todo canto pensamos, dicimos e facemos ten un antes e un despois.

De como foi evolucinando a nosa historia colectiva, sabémolo todos ata certo punto.
Do que si temos coñecemento claro é da historia persoal de cadaquén.

Neste momento estamos observando cousas raras, cousas e feitos ás que os nosos ollos non dan creto:

-¿Cómo é posible que se xogue tanto coas emocións das persoas dando un valor infinito a cousas tan finitas?

-¿Cómo é posible que certos ídolos manexen as emocións das masas?

-¿Cómo é posible que o ser humano da era do “HOMO SAPIENS” sexa tan inxenuo?

-¿Cómo é posible que teñamo-los ollos tan pechados?

-¿Qué exemplos están vendo as criaturas de hoxe en día?
??? ??? ??? ???

Afortunadamente:

-Somos moitas as persoas que non permitimos que nos manexen.
-Somos moitas as persoas que conservamos os valores das vidas exemplares que houbo e hai entre nós.
-Somos moitas as persoas que non caemos na idolatría.
-Somos moitas as persoas que aínda mantémo-los ollos abertos.
-Somos moitas as persoas que pensamos nas xeracións futuras.
-Somos moitas as persoas que valoramos as conductas modélicas que aínda quedan.
-Somos moitas as persoas de ben.
-Somos moitos os que temos fe no futuro.

Do que vai a pasar?
O TEMPO DIRÁ.

O certo é que: todo canto pensamos, dicimos e facemos ten unhas consecuencias.
Entonces empezaremos por ter bos pensamentos: pensamentos positivos.

Pensaremos que todo ha de ir ben porque por algo estamos facendo todo canto podemos para que así sexa.
Diremos cousas agradables unha veces para subi-la autoestima das persoas que nos rodean e, outras veces, teremos que emprega-las nosas habilidades asertivas cando vexamos que algo sobrepasa os límites do admisible
E faremos todo o que estea ó noso alcance para que a humanidade non perda as súas raíces sobre as que se vén construíndo a historia ó longo dos séculos.

Non podemos perder o "rumbo", porque se o perdemos podemos irnos ó precipicio.
Polo ben de todos teremos que "remar" na mesma dirección e confiamos que así sexa porque, a pesar dos impedimetos que poida poñernos a vida, temos motivos para confiar no futuro porque:

-A infancia ten máis medios que nunca para formarse e cónstame que hai criaturas con moito empeño en labrarse un bo porvir.

-A xuventude está vivindo unhas experiencias que lle servirán de palanca para lanzarse a novos campos moi esperanzadores.

-O colectivo adulto tamén ten claro que a situación non é doada e polo tanto ten que rearmarse de valor para saír adiante ó prezo que sexa.

-O colectivo senil a veces non dá creto ó que ve; pero tén a experiencia de toda unha vida que lle di que o ser humano está aprendendo sempre.

Esta catarse que estamos pasando, servirá para purificarnos e retoma-lo timón da vida con máis sentidiño.
Porque dos erros tamén se aprende; e a verdade, nestes tempos estamos aprendendo moito.

Esperemos que todo serva para reconducir as nosas vidas e facer, entre todos, un mundo "habitable" no que todos teñamos cabida e poidamos realizarnos coa dignidade propia dos seres humanos.

Temos que establecer prioridades.

"ESTABLECER PRIORIDADES"
Este será o título do próximo artigo.

Moitas razas por ser desas persoas que saben cal é o camiño a seguir.

E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES