Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cada un no seu sitio

jueves, 19 de julio de 2018
Moitas veces temos oído aquelo de: “
“Un sitio para cada cousa e unhacousa para cada sitio”
Eso, sería o ideal.

De feito as persoas ordenadas saben sempreondeteñen cada cousa.
Pero non sempre é así.

Cantas veces nos ocorre que nos preguntamos:
¿Onde deixei os lentes que acabo de andar con eles?
Xa non sería a primeira vez que os leva postos-

E o móbil:
¿Ondedeixeio móbil?
Tampouco sería a primeira vez que temos que chamar desde o fixoou desde outromóbil para atopalo.

Estas cousas pasan nas mellores familias e non teñen demasiada importancia.
¿A vostede non lle pasan nunca?
Ben, pois:
O que desexo escribir é do lugar que debe ocupar cada persoa na vida de familia, na vida laboral e na sociedade en xeral.

-¿UN PAI É UN FILLO OU UNHA FILLA?
-¿UNHA NAI É UN FILLO OU UNHA FILLA?
Seguro que me contestará negativamente, porque nin un pai é un fillo ou unha filla; nin unha nai é un fillo ou unha filla; aínda que poida ser fillos dun e paisdoutro.
Vostede ben me entende.

Logo SE SON UN PAI OU UNHA NAI, non son nin un fillo nin unha filla.
Un ascendente non é un descedente e vicevesa.

-¿UN MESTRE OU UNHA MESTRA SON UN ALUMNO OU UNHA ALUMNA?
Tampouco.

-¿UN TURISTA OU UNHA TURISTA SON UN CAMAREIRO OU UNHA CAMAREIRA?
Un turista pode facer de camareiro e un camareiro pode facer turismo; pero simultaneamente, penso que non.

-¿UN MÉDICO É UN DOENTE?
O MÉDICO está a un lado da mesa e o DOENTE no oposto.
O CIRURXIÁN, opera e o DOENTE é intervido cirurxicamente.

-¿UN PÁRROCO É UN FREGRÉS OU UNHA FREGRESA DA PARROQUIA ONDE EXERCE COMO PÁRROCO?
Pode ser fregués da súa parroquia natal ou do seu lugar de residencia, pero na parroquia onde exerce como párroco, non.
Claro que non.
Un párroco é un párroco e un fregués/a é un fregués/sa

-¿UN CAPÌTÁN É UN CABO?
Tampouco.
Un capitán xa superou o grao de cabo, pero o cabo ten que subir varios escalóns se quere chegar a ser capitán.

E así con tódalas escalas sociais.
¿QUE OCORRE CANDO O FILLO OU FILLA SE POÑEN NO LUGAR DO PAI OU DA NAI? (Exceptúanse os casos especiais)
Que se invirten os roles.
Pero un fillo ou unha filla de tenra idade non están capacitados para responsabilizarse do sostemento, a educación e goberno dunha familia.
Daquela as cousas van como van e cando realmente lles chega o momento de enfrontarse á responsabilidade de formar unha familia, esta salta polos aires ó segundo día.

NO CAMPO DA DOCENCIA PASA OUTRO TANTO: outro día o DISCÍPULO pode chegar a ser MESTRE, pero de momento tócalle ó discípulo aprender e estar subordinado ás ensinanzas do mestre ou mestra.
Cando o alumno ou alumnaqueren saber máis que o mestre ou mestra, mal vamos.

UN TURISTA É SERVIDO POLO CAMAREIRO E ESTE É O SEU SERVIDOR A CAMBIO DUN XORNAL. O turista pode estar sentado nunha terraza, pero o camareiro debe estar de pé disposto a servilo.

NO CAMPO DA MEDICINA, PRODÚCENSE CASOS MOI RAROS: hai enfermos que queren saber máis que o propio médico e a veces ata queren que o médico faga milagres; pero o médico non ten eses poderes.

COS PÁRROCOS, TAMÉN SE DAN CASOS MOI ESPECIAIS.
Hai persoas tan irresponsables e tan incoherentes que queren compra-los sacramentos en lugar de prepararse a conciencia para recibilos.
Non é nada extraño ver como certos sacramentos se convirten nun auténtico espectáculo social.

¿DE QUE SERVE SACA-LAS COUSAS DO SEU SITIO?
A min paréceme que:
-Tan só serve para enganarnos a nós mesmos.
-Para aparentar ser o que non somos.
-Para derrochar cartos.
-Para perder tempo e calidade de vida.

¡LÁSTIMA QUE LLE DEAMOS TAN POUCA IMPORTANCIA A ALGO TAN IMPORTANTE COMO É A VIDA!

¡Sabendo como sabemos que nesta terra só temos unha vida que é irrepetible!

“ESTA VIDA É IRREPETIBLE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa prudencia á hora de ocupar o lugar que a vida lle asigna en cada momento e circunstancia.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES