Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (5)

jueves, 19 de julio de 2018
B. Cristos

1. Zolle, Sta. María de.
1.1. Cristo e peto de Zaíde

X= 611.980 Y= 4.750.012

Esta situado nun cruzamento viario no lugar de Zaíde. Orientación: SE- NW.
Este conxunto arquitectónico componse dun podio de forma prismática, e de cachotería, provista dunha fornela no lado SE., onde se encontran dúas imaxes marianas con dous floreiros como ornamento; a fornela esta protexida do exterior por unha fiestra metálica, que amosa na parte inferior unha rañura para as esmolas. Sobre o podio érguese unha plataforma de estrutura troncopiramidal, composta de catro chanzos Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (5)pequenos de cantería; na metade da plataforma do lado SE., hai un pequeno corpo saínte - de cantería e de forma paralelepípeda- onde nunha placa de aluminio lese a seguinte inscrición:
ZAÍDE, 28 DE ABRIL DE 1957
RECUERDO DE
VÍCTOR RODRÍGUEZ DARRIBA.

A plataforma prolóngase nunha cruz latina, de cantería, de sección cuadrangular, e potenzada nos seus extremos; esta amosa unha fendedura relevante no lado SE., dando lugar a unha nova cruz latina, que mostra nos extremos do eixo horizontal e na parte superior do lonxitudinal un tipo de cruz aguzada.

C. Cruces Misionais e de Vía Crucis

1. Entrambasaugas, Santiago de.
1.1. Cruz misional de mármore (I)

X= 605.788. Y= 4.751.969.
Situada no lado dereito da fachada da igrexa parroquial. É unha cruz latina, de mármore, e de forma trevoada nos extremos dos brazos e da cabeceira. Na parte superior do eixo vertical lese a inscrición: JHS; por riba da letra “H”, aparece unha pequena cruz latina. No eixo horizontal lese a inscrición: SANTA MISIÓN. Na parte media inferior do eixo vertical: P.P. FRANCISCANOS. Finalmente, na parte inferior do eixo vertical: 1945.

1.2. Cruz misional de mármol (II)
Colocada no lado esquerdo da fachada da igrexa parroquial. Trátase dunha cruz latina, de mármore. Os extremos dos brazos e da cabeceira amosan formas irregulares en ángulo recto unidas a súa vez por formas semicirculares.
Na parte superior do eixo vertical lese a inscrición: JHS.
No eixo transversal lese a inscrición: SANTA MISIÓN.
Na parte media inferior do eixo vertical: P.P.JESUITAS.
Finalmente, na parte inferior do eixo vertical: 6-VI-1965.

1.3. Antigo Vía Crucis
No exterior das paredes da igrexa parroquial hai tres pequenas cruces latinas de madeira e restos de dúas, pertencentes a un antigo vía crucis.

2. Ferreira de Pallares (Santa María)
2. 1. Cruz Misional

Cruceiros, Cristos, Cruces de pedra e esmoleiros (5)Trátase dunha cruz latina de madeira, situada no interior da igrexa parroquial na parte concernente á parede lateral dereita. Os seus brazos rematan nunha forma de cruz aguzada, complementada con molduras cóncavas e convexas. A nivel ornamental amosa diferentes instrumentos ligados coa paixón de Cristo e tamén coa Eucaristía. Así, no lado dereito do brazo transversal amósanse as tenaces; no lado esquerdo, o martelo; na parte media do brazo lonxitudinal, maniféstanse a hostia e o cáliz; a ámbos dous lados do brazo lonxitudinal, amósanse dúas lanzas, que cruzan o brazo transversal nun sentido oblícuo. Así mesmo, tanto no brazo transversal como no lonxitudinal aparecen diferentes inscricións. Na parte superior do brazo lonxitudinal, “YNRY”; na parte media e inferior deste mesmo brazo e nunha orde descendente, “P.P./ REDENTORISTAS / 27 / MAYO / 1943 /” . Ao longo do brazo transversal, mostrase a inscrición “SANTA (lado dereito), MISIÓN (lado esquerdo)”. Finalmente, na parte inferior do brazo lonxitudinal aparece superposto un anaco de madeira, de forma case elíptica, que amosa a seguinte inscrición nunha orde descendente: “MISIÓN PARROQUIAL / FEBRERO / P.P. J.J (Pais Jesuitas) / 1962”.

3. Pradeda, Santa Eulalia de.
3.1. Cruz misional de mármore

X= 610.116 Y= 4.751.583.
No interior do pórtico da igrexa de Santa Eulalia de Pradeda e sobre a parede de entrada hai unha cruz latina, de mármore, de forma trevoada nos extremos dos eixos perpendicular e transversal. Na parte superior do eixo vertical lese a seguinte inscrición: J.H.S. Na parte inferior do mesmo eixo lese a data, na que se realizou a Santa Misión, a saber: 19-5-72. Na parte media deste mesmo eixo lese a orde, que levou a cabo o acto relixioso: PP. JESUITAS. Finalmente, no eixo transversal lese o acto en si: SANTA MISIÓN. A misión levouse a cabo na “Chousa de Serafín do Pozo”.

3.2. Cruz Misional de Madeira
No interior do pórtico da igrexa de Santa Eulalia de Pradeda e sobre a parede de entrada hai unha cruz latina, de madeira, de forma trevoada nos extremos dos brazos e da cabeceira; esta apóiase nunha base, tamén de madeira, que amosa unha molduración cóncavo-convexa en forma de gola ou cima recta invertida. Na parte superior do eixo vertical lese a inscrición: GLORIA S.S.M. Na parte inferior do mesmo eixo lese a inscrición: INRI. 1921. Na parte media deste mesmo eixo: PP. CAPUCHINOS. Finalmente case na intersección de ámbos os dous eixos: J.H.S.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES