Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día grande para Xesús Mato

lunes, 02 de julio de 2018
O xoves foi un día grande para Xesús Mato, xa que ese día, recibiu a Medalla Castelao, nun acto presidido por Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, mesmo á beira do sepulcro que garda os restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o gran galego que da nome a estes preciados galardóns que cada ano honran a persoeiros destacados da nosa comunidade.
Día grande para Xesús Mato
Estes galardóns concédense a galegos que teñen prestado ostensibles servizos públicos a prol da arte, da cultura, a investigación ou calquera rama do saber ou do servir, e no caso de Mato premian actividade tan varia que vai desde o servizo a comunidades rurais da montaña lucense ata a promoción e dignificación dos minusválidos, pasando por un intenso labor nos medios de comunicación, especialmente Radio Popular; a fundación e dirección de Radio Lalín e a Polifónica daquela localidade pontevedresa, a dirección do Orfeón Lucense, entidade que promoveu esta distinción, e a impulsión daquela agrupación que xa é historia, que se chamou Fuxan os ventos, e protagonizou unha época de rexurdir da canción no noso idioma, sendo súa a acción e a idea, ata o punto que se o grupo tomou o nome da canción “Fuxan os ventos”, Mato era autor da música e da letra.
Día grande para Xesús Mato
Mato foi sempre un cura especial, que algúns pensaron que “tiraba á esquerda” e o certo é que trata á xente pensando en Deus, que non lle preocupan os diñeiros a menos que sexan para solucionar problemas dos demais, que non se arrima ao Poder senón a quen sofre, está aillado ou precisa axuda, e que por onde pasou –chámese Lalín, a montaña lucense ou Orfeón Lucense- deixou garimosa lembranza e tantísimos amigos, de xeito que cando desde o Orfeón, co apoio decisivo do Concello de Paradela, pedimos apoios para impulsar a petición desa medalla conseguimos 2.750 firmas, sendo 256 de responsables de institucións, asociacións, colectivos ou empresas que teñen a Mato como “un dos nosos grandes”, ao que hai que honrar en vida nestes seus espléndidos 85 anos, nos que se dedica a atender familiares maiores, oficiar a misa do Peregrino en Portomarín, e atender a todos os amigos que o consideramos un oráculo e queremos seguir aprendendo del.

O xoves, Xesús Mato foi feliz, e nós, os seus amigos, felices con el.

(Xulio Xiz é Presidente do Orfeon Lucense).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES