Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Evitemos conflictos

jueves, 21 de junio de 2018
Provocar un conflicto, resulta facilísimo.
Está ó alcance de calquera de nós.
Solucionalo xa non é tan doado.
Moitas veces resulta moi difícil.
Algunhas veces duran de por vida.

Poñer límites ós dereitos propios tamén é algo complicado; pero ó mesmo tempo moi necesario.
Moitas veces non sabemos ou non queremos acomodarnos á nosa situación persoal, familiar ou social.
Outras veces non nos coñecemos a nós mesmos, non sabemos ata que punto somos egoístas ou non nos imaxinamos ata onde pode chegar o egoísmo dos outros…

En fin que a vida é moi fermosa pero tamén complicada.
A vida de por si xa ten as súas propias complicacións e, por se estas foran poucas, aínda lle engadimos máis.

De todas estas situacións podemos concluír que, “SE NON FIAMOS MOI FINO”, podemos vernos metidos en conflictos con certa facilidade.
Daquela, do que se trata é de evitar conflictos:

-Deberemos empezar por EVITAR CONFLICTOS CON NÓS MESMOS.
A veces non sabemos o que queremos.
Non sabemos o que queremos porque non valoramos o que temos.
Pensamos moi a miúdo no que nos falta para alcanzar este ou aquel obxectivo, para ser como fulanito ou menganito, para…
¡CO RECOMENDABLE QUE SERÍA SER NÓS MESMOS!
SENCILLAMENTE SENTÍRMONOS BEN DENTRO DA NOSA PROPIA PEL.

-En segundo lugar debemos intentar por tódolos medios ó noso alcance, EVITAR CONFICTOS COAS PERSOAS MÁIS PRÓXIMAS:
¡Que feo e doloroso ten que ser “ESTAR EN GUERRA PERMANENTE” debaixo dun mesmo teito!
¡Que pouco valoramos ás persoas que máis lles debemos!
Cando alguén pasa á outra vida dicimos:
-Deixa traballado moito.
-Era moi boa persoa…
Eso si, pero mentras estivo entre nós:
¿Cantas veces a felicitamos de todo corazón polos seus logros?
¿Cantas veces soubemos agradecerlle canto ben nos fixo?
¿Cantas veces soubemos respecta-los seus dereitos?
¿Fixémoslle a vida tan feliz como puidemos ou puxémoslle máis dunha cambadela para facela tropezar?

En terceiro lugar están AS RELACIÓN SOCIAIS:
Se fallamos con nós mesmos e coas persoas que máis queremos e ás que máis lles debemos…
¿Qué cabe esperar do noso proceder fóra da casa?
¿En que medida somos bos compañeiros de viaxe na vida laboral?
Cónstame que hai compañeiros estupendísimos.
Compañeiros que nunca che poñen impedimentos para nada.
Compañeiros que che axudan en todo canto poden.
Compañeiros que che deixan face-las cousas á túa maneira.
Compañeiros que che axudan a ser mellor profesional e mellor persoa.
Esas persoas son unha bendición.
Tamén me consta que hai algunhas arrogantes, prepotemtes, que se cren mellor que as outras, que non saben valorar o labor dos demais…
PACIENCIA PARA SOPORTAR O DEFECTOS DO PRÓXIMO É NECESARIA.
RESILIENCIA PARA FACER FRONTE ÓS OBSTÁCULOS QUE NOS PRESENTA A VIDA, TAMÉN.
Trátase de vitar conflictos.

E no tocante á circulación de veículos polas vías públicas:
¿Como andamos de prudencia?
¿Cómo reaccionamos cando o de diante non dá arrancado nun semáforo ou vai máis lento do que nos gustaría?
Algúns parece que van para urxencias médicas ou que lles ferve o sangue ou que “QUEREN FANFARRONEAR” de que teñen un veículo máis potente, ou que son mellores conductores….
Outros parece que van desesperados.
E non digamos cando hai caravana ou un accidente…
MODERACIÓN, SERENIDADE, PRUDENCIA…
Trátase de evitar conflictos.

Está claro que onde queira que haxa seres humanos, haberá conflictos, pero do que se trata é de evitalos, porque moitas veces: cedendo, gáñase.
“SABER PERDER”
Este será será o título do seguinte artigo.
Eu pola miña parte teño moito que agradecer a todas cantas persoas me dan facilidades para evitar situación indesexadas.
Estou rodeada de moi boas persoas.
Vostede é unha delas.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES