Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foi polas nonas de outono

martes, 29 de mayo de 2018
Foi polas nonas de Outono.
Galicia, Valuria, Castro de Rei, Goberno!
Escoitade o noso infortunio!
Foi polas nonas do Outono,
amigo, compañeiro,
que non che sorprenda a luz
porque fuches luz,
que non che sorprenda a verba
pois fuches verba,
verba nosa, verba acaída,
verba valura,
“omnia verba”.
Mago da ilusión e das palabras.
Apertas fondas de todos,
apertas grandes, medradas, apertas, grandes apertas
... foi polas nonas de Outono.

Foi polas nonas de outonoXosé Manuel,
augusto Carballo dos nosos, de raíces fondas.
Sopro de aire fresco que construíches a esperanza.
Ferreiro batendo co mazo das palabras
na bigornia do pensamento.
Sócrates da ironía,
loitador chispeante
entre a sorna e a retranca,
mestre dos axiomas envolventes,
talento creador, demiúrgo máxico
que invocas oracións do noso,
rezos do noso con nós.
Galego de denuncias e silencios,
de verdades e encomendas,
Xosé Manuel,
Apertas fortes, apertas fondas, apertas.

Foi o 24 de Outono pola seca,
e Galicia chorou,
e viñeron as augas
e abrollaron as herbas
e verdeceu a campía da Valura verdeal,
e con tanto choro e tanta dor
encheron os ríos, abriron as fontes
e viñeron os ventos,
e a Galicia segue sotelando
auga de lágrimas, vento de xemidos
e saloucos fondos, cicloxénicos saloucos,
explosivas elexías da falta.
No nome do pai, do fillo e do espítito santo,
fúchestenos polas nonas de Outono.
Polas nonas de Outono, Xosé Manuel.

E quedamos baleiros,
Orfos da túa lúa chea
entre a “Noite dos lobos”
co “Mal de moitos”
e entrounos o frío
e abrangueunos o silencio,
mais Don Otto está aquí connosco
e tamén os valuros,
e os do castro de Viladonga,
e os amigos da malla,
e os amigos da feira,
e os do Val de Francos, Irimia
e outros tantos.
Foi no nome do pai, do fillo e do espírito santo
polas nonas de outono,
mais nestas calendas de maio,
nestas calendas . . .
apertas fortes, apertas fondas de todos,
Xosé Manuel.
Apertas fondas.


(Poema de Xosé Otero Canto, lido no acto no que se deu o nome de Xosé Manuel Carballo, ao Centro Cultural de Castro de Rei).
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES