Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cabodano do Manuel

miércoles, 12 de septiembre de 2007
Cabodano do Manuel O sábado celebramos o itinerante cabodano do Manuel, organizado pola Fundación Manuel María: Desde Vilalba á Santa Sabela en Outeiro de Rei.

O Introito foi á beira do Muíño do Rañego, no Paseo dos Soños, onde inauguramos un hectómetro literario (pedra con gaiola) polos trinta anos de “Os soños na Gaiola” en portugués.

A Oración dos Fieis, celebrámola na casa da Cultura de Vilalba, onde David Otero dirixiu os pregos, e rezaron Concha Blanco, María Xosé Lamas, Paula San Vicente, Carlos Quiroga e Paco Martín.

A Ofrenda foi no Restaurante Río Ladra, en Gaioso, á mesma beira do río, benzoando á Nai Terra por proporcionarnos tan purísimos productos.

A Consagración, nas Penas de Rodas, onde moitos de nós lanzamos ó aire verdades inmorrentes feitas poemas pola pruma do Manuel. O maior dos consagrantes, Alba, rapaza vilalbesa de 9 anos; o máis novo, o histórico Avelino Pousa Antelo, de 93.

O Oficio dos Defuntos rezámolo no cemiterio de Outeiro de Rei, diante a tumba, onde de novo lanzamos poemas ó aire e cantamos (tres, co puño en alto) o Himno.

A Comunión foi na Santa Isabel, baixo as especies de pan, viño, queixo e figos, despois de entregarlle “A Navalla do Manuel” a Darío Xohán Cabana.

O “Ite missa est” puñérono as cancións de Antón Valcarce, Miro Casabella e A Quenlla. Confortados, volvemos cada quen ó seu recanto, ledos de ter participado nun oficio fúnebre tan asisado e persoal. Amén
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES