Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os dous alcaldes

miércoles, 13 de junio de 2007
O do dous alcaldes non é novo. Provincia de Lugo, Alcalde do Psoe e primeiro tenente de alcalde do Bng. Final do festival do verán, entrega de agasallos, sube o Alcalde ó escenario e cabréase o segundo alcalde por non subir. Non sabe, non quere saber, que cando unha autoridade representa unha institución non pode haber outro representante máis. Supoño que nin con nota de resposta á queixa oficial foi abondo, pero o que queira saber que acuda á EGAP.

O que ten sufrido Orozco tendo que compartir a representación do concello!. En catro anos (marabillosos, dixo), innumerables actos nos que falaron alcalde e alcaldesa, dando a sensación de compartir poder a igual nivel.

Eso haberá que corrixir na nova etapa en tarefa difícil e vital para os dous copríncipes.

Para Orozco, lograr que a súa parella de feito no goberno da cidade non teña papel tan principal. Que o protagonismo do compañeiro de viaxe non oscureza o seu papel no panorama político lucense, onde parece comezou a poñérselle o sol.

Pero para Xosé Anxo Laxe será aínda máis dificil: Conseguir que todo o seu traballo e protagonismo non xogue, como en tempos do equipo de Branca, a favor de Orozco, gran bruxo do aquelarre lucense obrigado a sacar das mangas da maxia centros, pontes e auditorios que os gobernos amigos non acaban de soltar.

Alea jacta est, a sorte está sobre a mesa. Só falta cortar o pan e non deixar o cuitelo clavado.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES