Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O medo é o peor obstáculo

jueves, 01 de diciembre de 2016
O ser humano ten medo desde o momento do seu nacemento.

O medo pode utilizarse a noso favor cando nos arreda de situación perigosas.
Por exemplo:

-É bo saber que se nos tiramos desde unha altura considerabale, podemos rematar feitos trizas ou caer mortos.
Por eso non o facemos normalmente, aínda que haxa quen o faga como aventura ou por motivos moi especiais.

-É unha medida de prevención ter medo de afogar se nos tiramos á auga sen saber nadar.

-O medo a expoñernos a unha multa, perder puntos u quedar ser carné de conducir, obríganos a conducir con prudencia.

-O medo a suspender un exame importante, obríganos a preparalo debidamente.

-O medo a acabar coa nosa saúde, aconséllanos levar unha vida ordenada.

O medo ten o seu lado positivo, por eso todos o levamos grabado no noso ser interno.
Pero o medo tamén pode ser un gran obstáculo, tendo consecuencias desaconsellables para a nosa vida:

-Moitas persoas –tendo capacidade intelectual- non se atreven a cursar estudios por medo a non poder pagalos, perdendo deste xeito a posibilidade de desenrolar a súa profesión soñada.
Un soño perdido por ter medo e non intentalo.
Se todos fixeran así, moitas persoas non estarían realizando profesións de moita responsabilidade.

Afortunadamente outras moitas loitan con tódalas súas forzas, sacan cartos de debaixo das pedras, traballan de día e estudian de noite, outros traballan sábados domingos e festivos e máis estudian os laborais, etc, etc.
Esas persoas loitadoras, que vencen os medos, chegan a alcaza-lo seu soño e son uns profesionais excelentes.

-Moitas persoas no evolucionan porque non confián nun futuro pormetedor nin en si mesmas.
Teñen medo.
Queren resultados a primeira vista.
Teñen medo a sacrificarse por unha causa superior e perden a oportunidade de conseguila andando o tempo necesario.
¡Cantos talentos se perden desta maneira!

-Outras loitan incansablemente:
-¿Qué pasaría se un deportista non entrenara por medo a non dar superado os obstáculos necesarios?
Sencillamente, non habería deportistas nin deporte.

-¿Qué pasaría se a xuventude non estudiara por medo a suspender?
Que seríamos unha sociedade de analfabetos.

-¿Qué pasaría se os labradores non sementaran por medo a que a climatoloxía fora adversa?
Morreríamos de fame.

-¿Qué pasaría se as persoas en idade reproductiva non se atreveran a ter descendencia por medo a tanto perigos como hai hoxe en día?
Acabaríase o mundo por falta de relevo xeracional.

E así pasa con todo.
Moitas veces perdemos de facer cousas moi beneficiosas por medo a face-lo ridículo, outras polo que dirán, outras…
A min paréceme que non podemos ir polo mundo cargados de prezuízos.
Bastantes problemas ten a vida, para engadirlle máis.
Xa vai sendo hora de que actuemos con sinceridade, que sexamos sinceros con nós mesmos e tamén cos demais.

En fin:
O MEDO E OS PREXUIZOS NON SON BOS CONSELLEIROS.
A vida é das persoas que lle botan valor e viven con optimismo, disfrutando de todo o positivo, que abunda moito máis do que pensamos.

“VALOR E POSITIVIDADE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por tódolos esforzos que deixa feito para superar obstáculos e polos logros que deixa acadados.
Fixo un ben para vostede e tamén para a humanidade.
Graciñas de todo corazón.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES