Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nin pés nin cabeza

jueves, 18 de agosto de 2016
Chora o silencio lágrimas de orballo e o latexo dun escornabois é coma o suspiro dunha cascuda de ida por volta. Quizais ninguén saiba como vai e como vén a cascuda ou como latexa o corazón do escornabois. Pero si sabemos que o silencio sempre está aí cando non hai ruído. Coidado!, ás veces hai silencio no máis inmenso barullo. Pica a orella esquerda por culpa do auricular que aperta. A solución está en que hai que rañala, rabuñala, aínda que siga picando. Nin pés nin cabeza

A trompeta de Clifford Brown entra con parsimonia polos oídos dunha gozada musical. Di o ordenador que hai novas mensaxes dispoñibles porque, o pobre, está para acendelo e esperar, esperar, esperar. Menos mal que, un que é previsor, ten o libro a man e dá tempo de ler máis de dúas páxinas. É igual, que todo sexa polo baile dun soño, ou polo descanso dunha señardade. Ri o ruído con gargalladas de cabra que tira ó monte e con choutos de pardal entre matogueiras.

A vida éche ben rara. E os pensamentos aínda máis. Pode chorar o silencio e rir o ruído que ninguén o vai crer. A non ser que un soñe coas rifas, coas loitas dunha carqueixa ou coas flores dunha xesta. Xa sei que alguén vai dicir que aquí non hai nin pés nin cabeza. É igual; o silencio apodérase da noite e o ruído dos meus oídos. Agora cada un que tome café con churros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES