Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 15 de abril de 2016
Pingas de Orballo
Bolboreta na flor do soño

Quere meu soño converterse en bolboreta, pero o toxo da ignorancia faise dono e señor da habitación dos silencios. Sempre haberá silencios na algarabía dos pensamentos. Quizais nunca pensamos que un verbo ben escrito pon ó suxeito no seu lugar. Ó mellor é ó revés. É igual; o caso é que o verso entre ben no poema. Pingas de Orballo

Quere a lúa acomodarse no firmamento, cando,ela, a pobre, foi sempre a culpable do meu entendemento. A lúa sorrí e chíscame un ollo. Non é necesario que o faga. Eu ben que a comprendo. Sempre a entendín. Quizais porque desde neno e desde calquera outeiro do monte Medo non lle perdía ollo nas noites de inverno. Alá, no alto, brillando, e ensinando o camiño dos sentimentos. Hai sentimentos que van máis alá do firmamento. Eu que sei, ata o infinito e máis alá. Por exemplo.

Quere a noite ser raíña do meu sono. Pobre infeliz! Non sabe que entre o sono e o insomnio hai un libro enteiro. Escrito cos latexos de tinta azul e cos suspiros caendo en todos os parágrafos. Palabra a palabra, liña a liña a vida pasa. Mentres, na habitación, os pensamentos quedan en calma. Sigo intentando ser bolboreta na flor do meu soño.


A Nube parva

Aí vén. O que? A auga. Quere chover, aínda que ó lonxe asoma o sol. É unha nube parva que quedou solta por aí. As nubes parvas adoitan deixar caer auga. Para molestar á parroquia. De aí que sexan parvas. As nubes listas ou boas son as de cor branco. Branca. Radiante. Inmaculada. A nube, non a noiva.
Pingas de Orballo
Aí vén. O que? O vídeo musical. Un grupo asoma pola televisión e fai bailar un micrófono. O cantante; pois o batería fai bailar os pratos e o guitarrista a guitarra. Antonio Machín facía bailar as maracas. Ai as maracas de Machín! A acción do vídeo transcorre nunha praia. Nunha praia pequena. Máis ou menos a vulto, aseguro que non é a de Carnota. Vaiche boa! Cos seus sete quilómetros. Ou máis. Vai ti saber.

Aí vén. O que? O sol. Xa dicía eu que asomaba ó lonxe. Xa está aquí. Porque a nube parva marchou. Ou morreu. Es as pingas de auga xa hai tempo que secaron sobre a beirarrúa e a rúa. Lembrade que hai rúa e beirarrúa. Lembrade que dicía que quería chover. O que significa que, brillando agora mesmo o sol, foron catro gotiñas que caeron dunha nube parva que xa liscou. Ou que xa se desfixo. Ou que xa morreu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES