Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Oración por Domingo Goás Chao

miércoles, 30 de marzo de 2016
Este venres, os medios dixitais foron facéndose eco do pasamento de Domingo Goás, éntreles o blog “Es de Vilalba se…” de Carlos López Oración por Domingo Goás ChaoFerreiro, que de seguido se foi enchendo de condolencias de numerosos vilalbeses. Unha, a de Tita Criado: “Domingo, nunca de olvidaremos. Que el Señor colabore contigo como tu lo hiciste con nosotras en el Asilo. Te queríamos. D.E.P.

Falaba da xenerosidade de Domingo cos que atenden aos que necesitan axuda. E aí temos dous dos nortes de Domingo: a querencia por Vilalba e a xenerosidade sen límites… nortes aos que hai que unir o espíritu de familia, ascencente e descendente… polos seus país, polos que sentía adoración; polos fillos, polos netos e por ese amor a Lotti, a súa muller, que superou todas as dificultades… a devoción polos amigos e pola amizade… a franqueza na exposición do seu pensar (Velaí o seu libro “por qué nunca fui de izquierdas, ni de derechas pero si liberal)… a valía profesional pola que conseguíu ser o primeiro abogado en rebasar numerosas fronteiras… Eis o seu libro “Una aventura europea”… O seu terceiro libro, a historia de Romualdito, presentámola no Parador hai 17 días.

Esa conxunción de fervores temos que poñela hoxe de manifesto, na súa despedida física, precisamente na Vilalba dos seus amores, na que veu morrer para fundirse de novo co pobo e connosco; para completar un circulo que se comezou a trazar en 1935 e se pechou inopinadamente nunha xornada tamén de lecer e amizade, para nese círculo concentrar unha vida plena de formación e traballo, de viaxes e conversas, de amor e amizade, de intensa dedicación.

Domingo sempre foi consciente de que o seu corazón andaba errático desde os primeiros tempos da súa vida pola enfermidade que daquela o respetou e que este venres nolo arrebatou, e en todos os momentos desa vida demostrou que un corazón feble pode ser un fortísimo corazón… por iso despedimos un home que foi todo corazón. Despedimos ao –por riba de todo vilalbés- Domingo Goás Chao, aproveitando as palabras de Tita Criado desexando que o señor colabore con él, como el colaborou a facer familia, a facer amigos, a facer empresa, a facer xustiza, a facer Vilalba. Descanse en paz.

(Esta ORACIÓN POR DOMINGO GOÁS, foi pronunciada por Xulio Xiz na igrexa parroquial de Vilalba, na misa-funeral celebrada o pasado 28 de marzo).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES