Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo irá mellor

jueves, 18 de febrero de 2016
Cada ano formulamos novos desexos.
Formulamos novos desexos porque todos sentimos necesidade de mellorar a nosa calidade de vida e tamén as relacións interpersoais.

Se analisamos as diferentes etapas da vida, chegamos a unhas conclusións máis ou menos parecidas a estas:
Seguro que as persoas xubiladas queren mellora-la súa calidade de vida para disfrutar do regalo los anos vividos e tamén dos que lles quedan.
¿Poderán mellora-la súa calidade de vida?

A min paréceme que é posible porque as cousas máis importantes da vida no se pagan con cartos.

¿Cómo?
MELLORANDO A SÚA VIDA AFECTIVA:
-Disfrutando dos coidados das persoas máis queridas
-Gozando cos netos e as novas tecnoloxías.
-Facendo e recibindo compañía porque o calor humano é a mellor medicina.
-Participanmdo da vida de familia sen estorbar e deixándose querer.

MELLORANDO A SÚA VIDA SOCIAL:
-Participando en actividades sociais con persoas da súa idade: asociacións, clubes, viaxes …
-Levando una vida activa conforme ás súas posibilidades físicas, mentais e espirituais.
-Favorecendo as relación interxeracionais cedendo o paso ós que veñen detrás e deixándose querer.

Seguro que ós adultos tamén lles irá mellor porque:
TOMAN PLENA CONCIENCIA DO SEU PAPEL NA FAMILIA
-Porque son os piares sobre os que fundamenta a sociedade.
-Porque apoian ós proxenitores con acháques e rarezas
¡Quen sabe as que teremos nós!.

Unha sociedade que non atende ós seus maiores, é una sociedade enferma.
-Porque dan o mellor exemplo que poden e saben ós descendentes. Moito mellor que moitas cousas, son os bos exemplos.

SON CONSCIENTES DO SEU ROL SOCIAL
-Están en idade de producir bens para enriquecemento propio e do país. Se non o fan agora… ¿Cando o van facer?
-Por eso buscan o pan aínda que sexa debaixo das pedras. Traballan para vivir, non viven para traballar, pero traballan tanto como poden.
E a nosa querida xuventude:
¿Qué lle deparará o futuro?
A min paréceme que lle espera un futuro con moitas sorpresas.

Eles mesmos se van sorprender dos seus logros, como nos pasou ós que loitamos por un mundo mellor nas xeracións anteriores.
Seguro que lles espera un futuro moi mellorado porque os mundos cambiaron moito.

Pero ESA MELLORÍA NON VAI SER DE BALDE.
-Teñen que loitar preparándose concienzudamente nun oficio ou profesión que lles permita vivir dignamente.
-Non poden cansarse de estudiar nin de reciclarse para ser persoas cultas como corresponde ó século XXI.
-Teñen que redoblar esforzos para compaxinar a vida laboral coa do fogar, cambiando o “chip” ámbolos dous xéneros.

En moitos casos Terán que mellorar as fórmulas dos antepasados.
-Todo eso: conservando os valores da vella Europa de toda a vida.
SUPERANDO ERROS E FORTALECENDO OS VALORES FUNDAMENTAIS:
-Sendo mái humildes, canto máis sabios.
-Practicando a xenerosidade e a solidariedade cada día, compartindo cos de máis cerca, empezando polos da casa.
-Tendo moita paciencia ante as adversidades da vida, que non son poucas.
-Moderando o consumo abusivo de productos que nos ofrece esta sociedade materialista.
Actuando con dilixencia desde pola mañá ata a noite.
E así tódolos días.

Como todos temos ganas de mellorar, todo irá mellor neste 2016 e deixaremos un bo legado para os que veñen detrás: A INFANCIA.
Este ano 2016 non será doado, pois empezámolo con moita inestabilidade; pero pode ser moi bo se aprendemos a lección.

Porque cando se aoprende a lección; todo contribúe para o noso ben.
Neso confiamos se lle damos importancia ó “SE…”
A IMPORTANCIA DO “SE”
Ese será o título do vindeiro artigo.

Quédolle moi agradecida porque con persoas como vostede, todo irá ben.
¡Ogallá todos fagan así en 2016!
Moitas grazas por terme na súa consideración.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES