Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santos profilácticos e curativos (6)

jueves, 04 de febrero de 2016
A ofrenda en especie
Esta ofrenda lévase a cabo preferentemente naqueles santuarios aos que acoden devotos ofrecidos por doenzas de animais. Principalmente consiste en queixos, cereais e algúns productos do cocho, como poden ser unllas, linguas, cachuchas ou lacóns. No interior do santuario do San Adriano de Goiriz (Vilalba) hai un sartego, onde algúns romeiros seguen depositando nun buraco, que dá á parte exterior do recinto sagrado, as crinas dos cabalos; algúns devotos adoitan coller algunha crina do cabalo e levala para as súas casas cunha finalidade profiláctica. Este tipo de ofrenda séguena levando ademais algúns devotos nos santuarios do San Cosme en Galgao (Abadín), do San Alberte en San Breixo (Guitiriz) e do San Antón na Xestosa (Muras).
A ofrenda en especie é poxada por un sancristán ou fregués da parroquia na que se atopa o santuario. Este pon un prezo de saída ao producto que se vai a poxar, a partir do cal as distintas persoas, que participan na poxa, van ofrecendo diferentes cantidades polo producto, ata que ninguén ofrece máis, obtendo o producto a persoa que fixo a derradeira oferta. Este proceso vaise continuar con tódolos demais productos que se sacan «a poxa». Este ritual celébrase normalmente ao rematar os oficios relixiosos da mañá, sen embargo nalgúns santuarios lévase a cabo noutros intres:
1º. A poxa realízase dúas ou tres veces pola mañá a medida que hai productos para facela. Isto sucede no santuario de Sambreixo (Palas de Rei), onde os devotos ofrecen queixos dabondo o segundo ou terceiro domingo de setembro, festividade da Nosa Señora do Leite, tamén coñecida como a Nosa Señora da Nai de Deus do Leite. A crenza popular menciona que a Virxe do leite é abogosa das mulleres, que van parir e tamén dos animais do leite. Polo tanto, é habitual que lle ofrezan queixos.
2º. A poxa lévase a cabo o domingo seguinte, logo da misa parroquial. Isto acontece no santuario do San Bento de Carballo (Friol), onde os devotos aínda levan ofrenda en especie o mesmo día da poxa. No ano 1998, poxáronse neste santuario, os seguintes productos: 4 cachuchas, 2 lacóns, 45 lingoas, 18 queixos e 40 unllas, varias espigas de millo, algo de manteiga, e algunhas ducias de ovos. Nestes últimos anos, a ofrenda en especie foi diminuíndo ata a metade aproximadamente, sendo sustituida por esmola en metálico, misas, velóns etc...
Ás poxas acode un bo número de persoas, que amosan intérese por mercar algúns productos, que tiveron relación coa imaxe sagrada do santuario, xa que o seu contacto converteunos en reliquias.
Por outra banda, nalgúns santuarios, dedicados tanto ao San Antón Abade como ao de Padua, bastantes devotos levan de ofrenda productos derivados do cocho, queixos, cereais e, ás veces, as crinas dos cabalos. Esta ofrenda en especie, que é poxada, ten un sentido específico, xa que estes santos están considerados a nivel popular como dos máis protectores da cabana animal.
Na actualidade aínda podemos apreciar que a vida económica do campesiño depende en boa parte do azar.
Esta inseguridade, esta dependencia de factores externos non controlables (treboadas, xeadas, doenzas do gando...), motiva que busque a axuda de poderes sobrenaturais.
Daquela, a relixiosidade baséase en boa medida nun mutuo intercambio de favores materiais: boas colleitas, saúde, etc... a cambio dunha serie de ofrendas, que poden ser realizadas no momento en que se leva a cabo a petición ou logo de que foi concedida.
Como remate ao presente traballo, convén ter presente que as manifestacións da relixiosidade popular foron decrecendo polo impacto da nova eclesioloxía, xurdida do Vaticano II, e polo cambio social, que foi alterando a consistencia das comunidades locais portadoras de tradicións e formas de expresión relixiosa colectiva. De tódolos xeitos e malia destes cambios compre dicir que a espiritualidade baseada nun Deus abstracto, que non podemos visualizar nin tocar, posibilita un rexeite e un distanciamento para moitos devotos. Polo tanto é mester volver a unha comunicación co transcendente mediante actos e actitudes concretas públicamente recoñecibles e privadamente gratificantes.

BIBLIOGRAFÍA:
ALONSO PONGA, José Luis (1981): «Manifestaciones populares en torno a San Antón en algunas zonas de Castilla y León». Rev. de Folklore, Caja España, Fundación Joaquín Díaz, t. 01a, rev. no 2.
ALONSO ROMERO, F.: «As romarías de Galicia». En Galicia. Antropoloxía. Coord: X.M. González Reboredo. Hércules de Ediciones. A Coruña. T. XXVII, páxs. 376 y ss.
ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo (1976): La Religión del pueblo. B.A.C., Madrid:
ARRIBAS ARIAS, Fernando; BLANCO PRADO, José Manuel; e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2007): Catálogo de Cruceiros da Terra Chá. Cruceiros, Cristos, Cruces e Esmoleiros de Abadín. Ed. do Castro, Sada (A Coruña).
BLANCO PRADO, José Manuel (1991): Religiosidad popular en el municipio de Begonte. Diputación provincial, Lugo. -(1996): Exvotos e Rituais nos Santuarios Lucenses. Deputación Provincial, Lugo. -(2002): «As promesas por animais nos santuarios da provincia de Lugo e noutros recintos sagrados». En Pontenova. Revista de novos investigadores. No 7. Deputación Provincial de Pontevedra, páxs. 57-62.
CACHEDA VIGIDE, Eduardo (1991): La Religiosidad Popular en Galicia. El Municipio de Arzúa (A Coruña). Santiago de Compostela.
CEBRIÁN FRANCO, Juan José (1982): Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago). Santiago. -(1989): Guía para visitar los santuarios marianos de Galicia. Ediciones Encuentro, Madrid.
CHRISTIAN, W.A. (1976): «De los Santos a María. Panorama de las devociones a santuarios españoles desde el principio de la E. Media hasta nuestros días, en Temas de Antropología, obra dirigida por Carmelo Lisón Tolosana. Madrid, Akal. -(1978): Religiosidad popular. Estudio antropológico de un valle español. Tecnos, Madrid.
DURKHEIM, E. (1992): Las formas elementales de la vida religiosa. Akal, Madrid.
ELIADE, Mircea (1954): Tratado de Historia de las Religiones. Instituto de Estudios Políticos, Madrid.
FERNÁNDEZ DE ROTA, J. A. (1984): Antropología de un viejo paisaje gallego. Centro de Investigaciones Sociológicas, Ed. Siglo XXI, Madrid.
FIDALGO SANTAMARIÑA, Fidalgo (1988): «Antropología de una parroquia rural». Orense: Cuadernos do Laboratorio Ourensán de Antropoloxía Social. Serie Galicia Campesina 1. Caja Rural de Orense.
FRAGUAS, A. (1988): Romerías e santuarios. Galaxia, Vigo.
FUENTES ALENDE, X. (1996): «Exvotos de cera. Tecnoloxía e funcionalidade». En Tecnoloxía tradicional. Dimensión patrimonial. Valoración antropolóxica. Actas do Simposio Internacional in memoriam Xaquín Lorenzo. Coords: A. Fraguas / X.A. Fidalgo Santamariña. Consello da Cultura Galega, Santiago, páxs. 227 y sucs.
FUENTES ALENDE, X. (1999): «Testimonios de la cultura material en los exvotos pintados de Galicia», en Cuadernos de Etnología y Etnografía de Navarra. IV Congreso de Antropología Aplicada. Pamplona. Año XXXI, no 73, páxs. 431 y ss.
GONDAR PORTASANY, M. (1993): Crítica da razón galega. A Nosa Terra, Vigo.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: Guía de Festas Populares de Galicia, Vigo: Galaxia, 1997. -(2005): «Ofrendas, exvotos y recuerdos en Galicia». En La Religiosidad Popular y Almería. Actas de las IV Jornadas. Vol. II. Instituto de Estudios Almerienses. Diputación de Almería. -(2006): «Pastoreo y celebraciones ganaderas en una sociedad rural». En La Ganadería, tesoro de Galicia. Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo (1971): Antropología cultural de Galicia. Ed. S. XXI, Madrid. -(1974): Perfiles simbólicos-morales de la cultura gallega. Akal, Madrid.
MANDIANES CASTRO, M. (1984): Antropología dunha parroquia galega. Loureses. Galaxia, Vigo.
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón (1987): Las Romerías / Peregrinaciones y sus Símbolos. Ed. Xerais, Vigo. -(2000): Antropoloxía de Galicia. Ed. Xerais, Vigo.
PAZ LÓPEZ, Gonzalo (1961): Portomarín. Monografía geográfica de una villa medieval. Premio Menéndez y Pelayo, 1953, Zaragoza.
RISCO, Vicente (1979): «Etnografía. Cultura Espiritual». En Historia de Galicia, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. T. I. Ed. Akal. Madrid.
RUÍZ CASTRO, Xaime: «Historia de Ferreiros de Balboa (1643-2003). 360 anos da vida dun pobo». En: www. terra.es / personal3/ frpablos/ historia galego. pdf/.
SOLLA CALROS (2014): «Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional. En: Actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Amuletos e reliquias. Usos e crenzas. Aelg (Asociación de Escritores en Lingua Galega), Vigo.
TABOADA CHIVITE, Xesús (1972): Etnografía Galega. Cultura Espiritual. Ed. Galaxia, Vigo.
VÁZQUEZ VARELA, J.M. (1974): Palabra «Escritos» en Gran Enciclopedia Gallega. T. 10. Santiago, páx. 107. -(1991): «Aproximación a un proyecto de antropología aplicada a la veterinaria en Galicia». En V Xornadas de Estudio, en A Sanidade Animal en Galicia. Cadernos da Área de Ciencias agrarias. 11. Publicacións do Seminario de Estudios Galegos. Santiago de Compostela. -(2003): Introdución á Antropoloxía da veterinaria popular en Galicia. Deputación Provincial, Ourense. -(2006): «La Veterinaria Popular en Galicia». En: La Ganadería, tesoro de Galicia. Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES