Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A imparcialidade que rouba méritos

lunes, 01 de febrero de 2016
Os escravos, os humillados, os aldraxados, é dicir, os pequenos serán ignorados na terra, no ceo e no máis alá. E xa poden acadar o mellor premio que... é igual, será por culpa dos outros, non polos méritos propios. Se lle botamos unha nova ollada ó partido do Atlético de Madrid-Celta (2-3), correspondente á volta dos cuartos de final da Copa do Rei veremos que, para os comentaristas, os méritos do equipo da Rianxeira brillan pola súa ausencia. Si, Orellana tal e o gol de Guidetti cal, pero fóra diso... o partidazo de Saúl, a revolución de Correa, as desgrazas de Vietto, a posesión nos primeiros minutos do Atlético, os fallos sorprendentes do infalible Godín e, faltaría máis, a cámara unha e centos de veces sobre Diego Simeone (quen adestraba ó Celta?)

Agora ben, se se notan estas “imparcialidades” co Atlético de Madrid, imaxinade o que acontece, o que acontecerá cun Celta-Madrid ou un Barcelona-Eibar, por exemplo. Xa poden os dous pequenos escangallar o mundo que non será porque o Celta ou o Eibar o borden, senón porque o Madrid e o Barcelona se botaron a durmir a sesta. Ou o Atlético. O pequeno, en todos os ámbitos da vida, ten que loitar contra todas as adversidades e sabendo de antemán que lle roubarán os méritos. É triste, pero é así. O pequeno aínda que saia do bulleiro acabará caendo no barro, e se sae do barro caerá na lama, e se sae da lama caerá no lodo. E non chegándolle con isto, sempre haberá alguén que o atugue, que o empuxe, que o enterre aínda máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES