Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As baronías

jueves, 07 de enero de 2016
Un barón, na xerarquía nobiliaria é un título inmediatamente inferior ao de vizconde, tamén é unha persoa poderosa, de autoridade ou respecto pola súa posición ou riqueza. E se de baronías falamos é porque os medios de comunicación empregan este termo para denominar a uns políticos que pola graza de Deus e dos seus votantes fan que representen a un poder fáctico; de aí que este apelativo nos leve a pensar que estemos máis na alta Idade Media que nunha democracia, e os votantes matinamos “ser uns ninguéns que imos para ningures” ou o que é o mesmo, sentímonos unhas persoas de moi escasa importancia, sendo nós os que proclamamos a esta xente e a dotamos deste título nobiliario antidemócrata.

A perplexidade acada tal grado e posición que eles mesmos o cren, chegando por máis a xogar coa posesión dos outros deputados e senadores como se dunha suma de obxectos ou esclavos se tratase, para ostentar un poder que non teñen pero que todo o mundo, incluídos os xornalistas, lles outorgan ou outorgamos.

A partires de hoxe, suxerimos seriamente aos políticos desnortados e aos xornalistas do cambalache que deixen de mediatizar aos clientes da democracia e non sexan partícipes implicados do poder influído, dando ínfulas de presunción e vaidade a uns representantes da urna colocados na primeira posición de saída na carreira da antidemocracia, e que máis semella unha baroutada ou marañada de cousas sucias que unha baronía civilizada e do Medioevo en pleno século da democracía decadente e “pergeñada” de futuro insolidario.

Señores posuídores das baronías, sexan vostedes os desconformes con un apelativo tal que corrompe os alicerces e as vigas mestres ou trabes da democracia.

O seu sempre afectísimo, Xosé Otero Canto.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES