Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tomar precaucións

jueves, 24 de septiembre de 2015
Este mundo ten zonas paradisíacas, pero -de momento- non é un paraíso.
Afortunadamente hai momentos na nosa vida nos que nos atopamos como nun paraíso; pero tamén é ben certo que temos que andar co “radar” posto boa parte do día.

No mesmo fogar temos que tomar moitas precaucións:
-Que non se nos pegue o xantar que temos no lume.
-Non esborrexer cando o piso está mollado.
-Acordarnos de apaga-lo gas, a luz, colgar o teléfono...
-Pecha-la porta con chave tanto cando estamos na casa como cando saímos do fogar.
Estas e outras moitas forman parte da normalidade do día a día.

Pero…polo que se le, polo que se ve e polo que se oe nos medios de comunicación social:
- Aínda existen casos nos que é precisa a precaución con algún dos membros da propia familia; e non me refiro ós nenos nin ós enfermos...
Vostede xa me entende.
Eso xa son palabras maiores.
Mellor dito, máis que palabras porque a veces non hai palabras axeitadas para calificar o que pasa nalgúns fogares.

E… ¿Qué pasa cando saímos á rúa?
O medio rural –en liñas xerais –é moito máis tranquilo que a vida na cidade.
É, nas grandes ciudades e nos lugares máis concurridos onde maiores percances suceden, sen contar cos que poidan pasar portas adentro.
Unha porcentaxe moi elevada da poboación –entre os que nos atopamos, vostede e máis eu- vai pola vida facendo o que ten que facer para realizarse como una boa persoa:
-Como una persoa honrada.
-Como una persoa fiel.
-Como persoa una persoa leal.
-Como persoa unha persoa traballadora,
Nunh palabra: como unha persoa CUMPRIDORA.
Somos as persoas que construímos un mundo mellor para que todos poidamos sentirnos más feliicies.

Pero as estadísticas din que hai outra pequena porcentaxe que fai “moito ruido e dá poucas noces”
Fai moito ruido porque cando comete un atraco, un roubo, calquera acto violento dentro ou fóra do fogar; salta ós medios de comunicación social:
-A noticia espándese como a pólvora.
-Crea dor e malestar non só alí onde se produce, senón a nivel do entorno e a veces tamén a nivel mundial.
-Produce desconfianza nas persoas de boa fe que temos que ir pola vida con todo tipo de precaucións.

Por eso é habitual observar:
-Como as señoras levan o bolso ben visible e cada vez son máis os cabaleiros que levan bandoleira do mesmo xeito.
-Como os mesmos nenos xa non se poden deixar sós na rúa nin nos parques infantís.
-Como os proxenitores non lles quitan ollo ós nenos nas praias por moi tranquilas que sexan e por moi ben que saiban nadar.
-Como é necesario acompañar ós escolares ata os centros docentes.
-Como é habitual que a forza pública vixíe as entradas e saídas dos colexios, e conste que non é só por medidas de seguridade de tránsito…
-Como tódalas institucións públicas teñen medidas de seguridade: cámaras, escáners…
-Como nos centros comerciais pasa outro tanto.
-Como moitas persoas fan que van falando por teléfono pola rúa ou nos ascensores para que o delincuente pense que están acompañadas.
-Como as mesmas igrexas están pechadas agás nas horas de culto.
-Como nas nosas rúas hai cada vez máis forza de seguridade.
-Como aumenta a poboación reclusa…
Etc, etc.

Cando eu era nena –que xa choveu moito- as portas das casas no medio rural estaban abertas; e nas ciudades estaban abertos os portais igual que as portas das igrexas e nos comercios non había cámaras.
Cando eu era nena, había un periódico chamada “EL CASO” que informaba de casos tráxicos que acontecían xeralmente lonxe.
Hoxe en día, non teño noticia deste xornal; pero non é necesario porque xa os restantes se encargan de airear a tódolos ventos os trapos suxos da nosa sociedade.
¡Qué pena!
E non será porque non haxa boas noticias de persoas e institucións exemplares.
¿Por qué será que as malas noticias impactan máis e ocasionan maiores beneficios económicos?
¿Non debía ser ó revés?
Pero “BOAS NOTICIAS, HABER HAINAS”
Este será o título do próximo artigo.

Eu –que son unha persoa moi pacífica e moi paciente- “teñolle a guerra declarada ás malas noticias” porque me poñen pel de galiña cando as leo nos xornais, cando as vexo na televisión ou cando as escoito pola radio.
Non sei se esto lle pasa a alguén máis.
¿A vostede pásalle algunha vez?
¿Serei eu a excepción?
En calquera dos casos, no próximo artigo escribirei algo sobre o que eu considero “BOAS NOTICIAS”.
Para min xa é unha boa noticia que vostede se dignara ler as miñas reflexións nesta ocasión.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES