Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Chicho Sanjuán

jueves, 13 de agosto de 2015
No pasamento de dona Pili Villarmea:
Sinto, Compañeiro,
Isa lene e fera soedade que te abrangue,
Ise dor de ferro que esnaquiza o corazón ata fundilo.
Só son verbas de amigo,
bágoas sen leito,
camiño dise mar noso, Celeiriño,
pai de soños e galernas.
O ar arrincou a túa Rosa,
Isa Pili de ollos azuis, claros e sereos.
Isa Rosa de pétalos soaves e lixeiros,
Garimosos, tenros e preñados de dozura.
Isa Pili fada trocadora de mágoas a sorrisos.
Isa Nena que surruraba cancións de paz e amor.
Hoxe, Chicho, nisa eterna Alborada
De cabelos loiros e ledicia,
brila unha choiva mainiña
que rega outras mil primaveras
de rosas brancas.

Viveiro, 8 de agosto de 2015
Ricardo Timiraos Castro
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES