Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deixade aos animais en paz!

lunes, 27 de julio de 2015
Cada vez soporto menos ver eses vídeos nas redes sociais nas que algúns animais, principalmente cans e gatos, fan cousas ou son obrigados polos seus amos ou adestradores (o de adestradores é un dicir) a facer cousas que pensan que son simpáticas ou tenras ou sentimentais ou divertidas, cando, na realidade, dan un pouco de pena. Polo menos a min danme pena.

Porque para facer todo iso, imaxino as horas e horas, os días e días que teñen que vivir medio escravizados obedecendo unhas ordes ridículas para que, logo, un cantos se divirtan ou choren de melancolía. Non entendo por que a xente non deixa ós animais en paz!

Eu vexo ós meus cans todo escarranchados no chan, coa vida tan a gustiño que levan, e non me entra na cabeza o molestalos para que lle ensinen a catro pasmóns cómo se levanta unha pata, ou cómo se colle un periódico e se lle leva ó dono, ou cómo fan o pino, ou cómo baixa unhas escaleiras co cu arrastro. Entendo perfectamente que a un animal se lle ensinen dúas ou tres cousas imprescindibles… onde facer as necesidades, como comportarse, non morder, etc, pero fóra diso, paréceme ridícula a actitude dalgúns cando optan por gabarse ante a xente.

Deixade ós animais en paz! Que corran cando queiran correr ou que chouten cando queiran choutar. Eles tamén teñen a súa vida. Deixádella vivir a gusto, por Deus! Logo, para máis aquel, asoma na televisión un programa titulado “Vaia fauna!”, que vai de todo iso. O que significa incitar á xente para que sigan domando ós animais. Horas e horas de doma, de escravitude, de animaladas. Certo, que se espera de Telecinco.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES