Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uned Senior en Almería e Granada

sábado, 08 de noviembre de 2014
A Uned Sénior de Xestoso en Almería e Granada


Do vinte ó vintecatro de outubro de 2014, a Uned Sénior de Xestoso, acompañada polo seu coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño, fixo unha viaxe a terras de Almería e Granada.

O primeiro día cruzamos España de norte a sur, comprobando unha vez máis a variedade da súa paisaxe, da súa paisanaxe e dos seus medios de vida ben diferentes que fan de España un país medianamente rico e variado.

Unha vez ben instalados nun cómodo hotel de catro estrelas puidemos descansar da viaxe durante a mañá seguinte para emprende-la viaxe cara a Almería aquela tarde; onde tivemos dúas horas para visitala por libre.

Ó día seguinte collemos cara a Granada pola estrada do interior cruzando vales e montañas escarpadas do Sistema Penibético, côa Serra Nevada ó fondo; chegando a Granada a mediodía.
Uned Senior en Almería e Granada
Despois de xantar co bocadillos que non prepararan no hotel, pasamos a visita-los xardíns da Alhambra que estaban divinos nun día de sol radiante, onde tivemos ocasión de facer algunhas fotos. Había -como é habitual- multitude de visitantes que gozaban e disfrutaban daquela maravillosa paisaxe.

Uned Senior en Almería e GranadaNós fixemos unha visita rápida sen saber moi ben a que se debía tanta présa cando na entrada tiñamos catro horas para a visita que podería ser gozosa e descansada para o Aumnado da Sénior de Xestoso, pois había abundancia de sombras e bancos para deleitarse ante tanta maravilla.
Pero a verdade é que ó cabo dunha hora xa estaba fóra a maioría e por non facela esperar, unha minoría abreviamos a visita.

Acto seguido emprendémo-la viaxe de retorno sen que nos deran a oportunidade de facer aínda que tan só fora unha visita panorámica á cidade de Granada.
Facer tantos quilómetros para gozar tan pouco dunha cidade tan histórica como Granada, fíxosenos moi pouco a moitos.

Na viaxe de volta leváronnos pola Costa onde nos cansamos de ver mar de plástico da infinidade de invernadoiros a unha banda en contraste co Mediterráneo pola outra.

A programación para o día segunte era opcional:
-Podíase visita un Oasys Parque Temático no Deserto de Tabernas.
-Quedarse no hotel.
-Ou organizarse por libre.

Houbo variedde de gustos aínda que a maioría foi ó Parque e descubriu algúns trucos das películas do Oeste que se rodan alí. Resultoulles divertido para moitos que incluso foron protagonistas de según que escenas.

Outro grupo diirixiuse a Almería porque quería gozar dunha capital pequena pero con historia, visitando detidamente a Alcazaba e a zona centro observando a mistura de xentes e culturas que por alí habitaron, habitan e circulan.

Con esto deuse por rematada a programación para esta viaxe, retomando a viaxe de volta ó día seguinte con moito cansancio no corpo pero co convencemento de que non hai terra nin xente como a nosa.

Se esto servira para mellora-la autoestima do Alumnado da Uned Sénior de Xestoso, xa tería un obxectivo cumprido.
Aparte está a convivencia entre o Alumnado da Sénior de Xestoso que é moi cordial e respírase bo compañeirismo.
Outro obxectivo conseguido.

Todo esto, grazas a cantos facemos posible estas experiencias porque aquí todos somos importantes. Sen a colaboración de todos e cada un, esto non sería posible.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES