Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Graciñas, outra vez

jueves, 17 de julio de 2014
Moito me gusta a palabra ”grazas”. É una palabra moi corta, pero di tanto…¡tanto..! ¡E deixa quedar tan ben a quen a pronuncia..!
É unha das palabras que se lles ensina ós nenos cando son pequenos: Dille “grazas” a este, a aquel, por esto ou por aquelo…
A verdade é que ós nenos non lles gusta moito ter que agradecer o que se fai por eles. Considéranse o centro de Universo e pensan que todo o teñen merecido.

Sobre todo hoxe en día que se cren con tódolos dereitos do mundo mundial e pensan que todo lles corresponde porque si. Sencillamente, porque si. Xa a vida lles irá ensinando aquelo que di:
”A Deus rogando e co mazo dando”
Pero cando de persoas educadas se trata, a palabra grazas sae espontáneamente do corazón de quen a pronuncia. É algo natural. Tan natural como a vida mesma.

Polo que a min me toca, eu teño que confesar que a pronucio moi a miúdo e séntame moi ben pronunciala porque é consecuencia de multitude de cousas que teño que agradecer.

Teño que agradecer en primeiro lugar a vida porque –aínda que se me presentara dura en moitas ocasións- é a que me dá a oportunidade de vivir todo tipo de experiencias que me realizan como persoa feliz.
Se non fora pola vida, non estaríamos aquí. ¿Certo?
E se non estiveramos aquí, non seríamos nada nin ninguén… ¡Que pena!
Daquela: vivir é o mellor que nos pode pasar…¿Non si?

Teño que agradecer a saúde-que aínda que nalgunha ocasión me vin ás portas da morte- saín adiante e neste momento nin me queixo, nin teño menos nin máis saúde que o común dos humanos da miña idade e circunstancias.
¿Qué tal anda vostede de saúde?
Se é boa, felicítese. Se non é tan boa, pense na recuperación e se esta non fora posible, acepte e disfrute da que teña.

A saúde é un ben moi preciado. Lástima que moitas veces non a coidemos aínda máis do que a coidamos, pero quen máis e que menos fai algún exceso de vez en cando: unhas veces con motivos xustificados e outros non tanto…¸ pero algún caprichiño, de vez en cando, tamén senta moi ben. Polo menos a min…¿A vostede, non?

Teño que agradecer a familia que me criou e que me deu toda a mellor educación que puido e soubo e penso que nin foi pouca nin desacertada porque me abriu moitas portas no camino da vida. Se ben é certo que podía ser mellor; non é menos certo que podía ser moito peor. Se miramos para atrás, sempre hai alguén peor e se miramos para adiante, sempre hai alguén mellor. Así é a vida.

Eso para min non ten prezo. Penso que é o mellor que se lle pode dar a una persoa: educación, educación e máis educción e o resto xa se encargará ela de sachalo.

Teño moito que agradecer ó profesorado que me instruiu nuns coñecementos que me permitiron gaña-lo pan de cada día ó longo dunha dilatada vida profesional na que me sentín moi realizada tanto persoal como profesionalmente.

Penso que nunca se agradece abondo a quen che abre as portas da intelixencia, da instrucción, da educación e da cultura. Cando oio certas noticias sobre o comportamtno de certas persoas ante o profesorado, dáme moitísima pena. Non me cabe na cabeza… Ou se me cabe digo: ¡Que ignorantes somos! ¡Que lástima me dan!

Tamén teño moito que agradecer ás persoas que me rodean na actualidade, entre eles vostede que me está lendo, porque son o meu soporte moral e psicolóxico que me dá ánimos para seguir loitando polo que sempre loitei: ”COLABORAR NA CONSTRUCCIÓN DUN MUNDO MELLOR PARA TODOS”.

Ese foi sempre o meu obxectivo desde idade moi temperá. É algo que me sae da alma, non teño que esforzarme en pensar que debe ser así. Sencillamente é, e punto.

Indo pola vida con estas premisas, algo faise ou polo menos intenta facerse o mellor que se pode; sen que eso signifique que se acerte sempre. Xa se sabe, a vida está construída sobre una morea de erros; pero hai quen di que dos erros tamén se aprende.
Así que o que non se conforma, é porque non quere

Non sei por que me parece que vostede tamén é unha desas persoas de boa vontada que colabora intensamente na construcción dun mundo mellor para todos. ¡Noraboa!

Ese tamén é un motivo de agradecemento para min porque sei que hai moitísimas persoas boas, boísimas que son o sal e a luz da terra. Grazas a esa confianza eu vou polo camiño da vida tranquila e confiada nun futuro prometedor. De feito, eu síntome rodeada de persoas desta talla. Elas son unha das maiores riquezas das que disfruto todo o ano.

Durante o inverno gozo coas persoas que me rodean porque son una fonte de sabedoría e bondade na vida cotiá: nas clases, nas actividades de tempo libre, nas viaxes, no vecindario, na vida relixiosa dominical, cos nenos, cos xoves, cos adultos, cos anciáns, cos máis intruídos, cos menos, con todos… De todos se aprende e de todos se necesita se non é un día é outro. Porque… “Onde menos se pensa, salta a lebre”
¿Non é certo?

No verán sigo disfrutando enormemente pero doutra maneira. Para min é tempo de lecer. Tempo de visitar amigos, tempo de compartir con persoas que non vexo durante o resto do ano, tempo de reencontros, tempo de novas experiencias, tempo de bicos, tempo de apertas, tempo de amistade: un tempo de felicidade.

Por este motivo tamén teño que dar grazas outra e outra vez. Moitas grazas porque estar con persoas sabias, santas, persoas que te apreciaan, que te valoran, que están á túa disposición… A eso eu chámolle ter amigos ou tamén irmáns no camiño da vida. É una gozada.
¡Canto me gustaría que tódalas persoas puideran ter experiencias así!

Hai quen di que hai que facer méritos. Eso penso que ten algo que ver porque “un fai o outro”, pero aínda así hai cousas que non teñen prezo.

Se escribo sobre estas cousas é porque as considerop do mellor da vida e tamén porque sei que na súa historia persoal, hai moitísimas persoas maravillosas das que vostede disfruta e eso tamén me alegra.

Tamén me alegra porque sei que ó ler estas humildes palabras miñas, vostede remexe no seu interior e saca á luz todas esas experiencias maravillosas que lle dan a alegría de vivir.

Alegría de vivir é o que precisamos porque –chegada una idade- o tempo pasa tan de présa que non se pode des- perdiciar nin un segundo en nimiedades.

O tempo de darle importancia ás nimiedades é propio da infancia e da etapa adolescente, pero vostede é una persoa que está disposta a disfrutar do mellor porque o ten ben merecido.
Por eso estou pensando en titular o seguinte artigo desta maneira:”DISFRUTANDO DAS ALEGRÍAS DA VIDA”

Graciñas, outra vez por terme na súa consideración nesta ocasión, e se o considera oportuno, saiba que o vindeiro xoves titularei o artigo:
“DISFRUTANDO DAS ALEGRÍAS DA VIDA”
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES