Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

"Prestixiosa" queimada

jueves, 21 de noviembre de 2013
Ós que me pecharon os canles de expresión
con motivo da traxedia: Saúde e chapapote.

Para facer unha “prestixiosa” queimada hai que ser galego. Ter o corazón afeito a paus, agochar as bágoas, saber que lle toman o pelo a un, vivir nunha Terra asoballada, despreciada, ninguneada… Hai que calar, ser dóciles, tragar-los contos dos políticos, sapos e serpes…Botar mau da retranca, enche-los beizos de sorrisos, doer a ialma e, a máis, darlle á traxedia un toque de humor. Despois cantar alalás con outros galegos coma aquel Fraga tan…e con Marianiño, o Corto, tamén tan…

Pra ilo usemos a nosa Costa a xeito de recipiente. Despois collamos a variña máxica do Merlín cunqueiriano e vaiamos botando suaviño os siguintes ingredentes:

_ Un barco monocasco vello de propiedade liberiana.
_ Un armador grego.
_ Unha bandeira de Bahamas (EE. UU)
_ Una explotación suiza.
_ Un certificado de navegabilidade de ABS (EE.UU)
_ Un seguro fillo da Gran Bretaña.

A modiño, engadimos:

_ Unha construcción xaponesa.
_ Unha reparación china.
_ Outra alemana.
_ Veto de España (dalle moita consistencia á mistura)

Agora, con moito mimo, amañe o monocasco:
_ 1º con 1000 toneladas de aceiro necesario para reparación.
_ Rebaixe no material da reparación a 600 toneladas (logro do armador)
_ Outro rebaixe de material a 362 toneladas (logro de ABS-EE.UU)
_ Revíseno deficientemente en Dubai.

Engadir un urogalo que trouxo Cascos, ministro de Fomento, de Rumanía.

Poñanlle lume e deixen a pócima cocendo durante 26 anos, igoal que o Prestige pasou navegando.
.Inviten a tomala a:
- Fraga, Presidente da Xunta, especialista il nas vellas pócimas, e que tardou 8 días en aparecer na zoa.
- Aznar, presidente do Goberno, que tardou 31 días.
Coordine Marianico, o que veu elevarse “hilillos de plastilina“.(5/12/2002)
Poña unhos cazas dispostos a bombardeala coma Federico Trillo, ministro de Defensa.
Escoiten o discurso de Cañete: “la rápida actuación de la autoridad ha evitado una catástrofe pesquera y ecológica”. (16/11/2002) Agora ascendeu a Ministro do Medio Ambiente.

Siga remexendo López Sors, director da Marina Mercante.

Oian un novo discurso de Fernández Mesa, delegado do Goberno: “A ojo de buen cubero el Prestige ha vertido 3000 ó 4000 toneladas”. O cubeiro perdeu 60.000 toneladas no camiño.
Non olviden a Cuíña e o material de Tragsa.
Séntese no banco da paciencia e espere que o santo Job lle traia os 12.459 millós de euros do plan Galicia. Vexan, unha vez máis, a Negra Sombra nas costas verdescentes.

Miren agora como explotan unhos bidós e érguense as lapas camiño do Alén levando consigo os cartos prometidos, os traballos e soños de mariñeiros, estudiantes… e outras xentes boas, xenerosas, solidarias, altruistas…Vexan, vostedes, quenes son os nosos teóricos valedores e aprendan dunha vez por todas a lección de dignidade de “ Nunca Máis”
Do Apostolos e dos rumanos e filipinos síntamos lástima.
Non beban nunca isa pócima da Xusticia porque fede e sabe chapapote.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES