Noticias

A feira InnovArt 24 potencia as ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas, e dobra a asistencia da primeira edición

InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inauguraron hoxe a segunda edición de feira Innovart, organizada polo Goberno galego co obxectivo de potenciar as ensinanzas de réxime especial, modalidade que agrupa as ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas.

O evento, que se desenvolve ata mañá na Cidade da Cultura, reúne a 103 centros, un 20 % máis ca o ano pasado, e a 6.000 persoas, case o dobre que o pasado ano, en concreto, un 60 % máis. A cita actúa como escaparate para que o alumnado amose todo o aprendido e, ao mesmo tempo, permite aos potenciais estudantes destas disciplinas coñecelas para valoralas como unha opción de futuro e de inserción laboral.

Os conselleiros fixeron fincapé na importancia destas ensinanzas como canteira tanto da cultura de Galicia como do deporte. De feito, incluso deportistas profesionais teñen completado a súa formación en centros educativos a través da oferta de ciclos existente.

“Temos un compromiso xeral e unha aposta de Goberno coa calidade e a innovación do noso sistema educativo e estas ensinanzas non poden quedar á marxe”, afirmou Román Rodríguez. “Levamos tempo traballando arreo para que esta opción educativa se consolide como sinónimo de profesionalización”, destacou.

Non en balde, son case 35.000 os alumnos que cursan estas opcións formativas este curso 2023/24, cun incremento do 20 % nas deportivas e do 3 % nas artísticas respecto do ano académico anterior. Como indicaron, estas cifras son resultado das melloras e novidades introducidas na oferta por parte do Goberno galego.

Pola súa banda, o titular de Cultura puxo en valor Galicia como unha potencia cultural na que este modelo de formación nutre das capacidades e dos medios precisos para “fortalecer a canteira da nosa cultura” e para que sigan agromando e medrando novos profesionais. “A nosa cultura require dun compromiso firme que estimule o talento que xa atesouran os máis mozos”, cuestión na que se traballa a través destas ensinanzas. Por tanto, “esta feira une talento mozo e futuro da nosa cultura”, remarcou.

Máis e mellor oferta

Entre as melloras introducidas destaca a implantación este curso, no Conservatorio Superior de Música de Vigo, do primeiro máster en ensinanzas artísticas de Galicia do mesmo nivel dos universitarios oficiais: o Máster en ensinanzas artísticas en creación, interpretación e investigación musical. Ademais, a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago, comezou a impartir un itinerario dual pioneiro en España de xoiaría e complementos, concretamente da especialidade de deseño de produto.

Así mesmo, incrementouse o plurilingüismo nas ensinanzas artísticas coa implantación de novos ciclos plurilingües nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño Ramón Falcón (Lugo) e Pablo Picasso (A Coruña) e novas seccións bilingües con carácter experimental no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra e na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Nas ensinanzas deportivas implantáronse os ciclos superiores de Vela con aparello fixo e con aparello libre no Centro Integrado de FP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa). Mentres que nas de idiomas medrou a oferta con Incremento de cursos de actualización lingüística do profesorado, linguaxe administrativa, CELGA e cursos monográficos, ao tempo que se potenciaron os cursos semipresenciais.

Ampla oferta de actividades

InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música.

A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

R., 2024-04-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (portugal_galicia.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse esta mañá cos responsables da AECT Rio Minho para coñecer de primeira man as prioridades e os proxectos que ten en marcha este instrumento de cooperación que abrangue 16 concellos da provincia de Pontevedra e 10 da CIM Alto Minho. Esta é unha primeira visita que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, continuará co resto de AECTs. Deste xeito, está previsto que se entreviste tamén cos responsables da AECT Chaves-Verín, e da futura AECT da Raia Seca.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volve acoller a colorida e festiva carreira Holi Gaiás, que vai pola súa sexta edición. A proba terá lugar o 8 de xuño nos exteriores do complexo e contará cun percorrido especial para a cativada entre 4 e 9 anos, a Peque Holi. A actividade contará un ano máis coa súa tradicional poeira de cores e con animación previa e posterior á proba, con música e coreografías que animarán aos participantes. O obxectivo é gozar coa práctica deportiva nun enclave como é Gaiás, coa súa característica arquitectura e co seu gran pulmón verde, o Bosque de Galicia.

Notas

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.
A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época, segundo comprobou Julio Alonso Monteagudo nas investigacións que lle permitiron elaborar a súa tese, ‘Música e identidade galega. Do baile da gaita á muiñeira (S. XVII-XIX)’.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES