Noticias

Publicada a relación de deportistas galegos de alto nivel que xa supera os mil recoñecidos

Neste sentido, dos 1.009 deportistas galegos recoñecidos (381 mulleres e 628 homes), o 80% (808) son deportistas galegos de alto nivel (299 mulleres e 509 homes). Ademais, hai 101 deportistas de rendemento deportivo de base (39 mulleres e 62 homes); 64 deportistas de alto rendemento (25 mulleres e 39 homes); 15 técnicos de alto nivel (catro mulleres e 11 homes); sete árbitras (cinco mulleres e dous homes); cinco xuízas (catro mulleres e un home) e nove deportistas galegos de alto nivel vitalicios (cinco mulleres e catro homes). Entre eles atópanse algúns dos mellores deportistas de Galicia.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 12 de xullo de 2023 pola que se publica a relación vixente de persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos. O número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas xa supera o milleiro, unha cifra nunca antes acadada e presenta récords en todos os seus rexistros.

Neste sentido, dos 1.009 deportistas galegos recoñecidos (381 mulleres e 628 homes), o 80% (808) son deportistas galegos de alto nivel (299 mulleres e 509 homes). Ademais, hai 101 deportistas de rendemento deportivo de base (39 mulleres e 62 homes); 64 deportistas de alto rendemento (25 mulleres e 39 homes); 15 técnicos de alto nivel (catro mulleres e 11 homes); sete árbitras (cinco mulleres e dous homes); cinco xuízas (catro mulleres e un home) e nove deportistas galegos de alto nivel vitalicios (cinco mulleres e catro homes). Entre estes DGAN vitalicios atópanse algúns dos mellores deportistas de Galicia como Carlos Arévalo, Carlos Pérez ‘Perucho’, Teresa Portela e Cristian Toro (piragüismo), Támara Echegoyen, Nico Rodríguez e Sofía Toro (vela), Adi Iglesias (atletismo adaptado), Susana Rodríguez Gacio (paratríatlon) e Chano Rodríguez (natación adaptada). Cómpre salientar, asemade, que entre todas as categorías están recoñecidos 29 deportistas galegos con diversidade funcional (11 mulleres e 18 homes), o número máis alto da serie histórica, como na meirande parte do resto das categorías.

Estas cifras acadadas polo deporte de alto nivel de Galicia débense por unha banda, ao traballo e ao incremento de nivel dos deportistas de Galicia nos últimos anos, así como ao novo decreto de alto nivel publicado en setembro de 2020 que, ademais do deporte de alto nivel de Galicia, tamén recoñece o alto rendemento deportivo -práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo- e o rendemento deportivo de base -etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel-. O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo.

608 solicitudes tramitadas para as axudas DGAN 2023

Do mesmo xeito, no día de hoxe, a páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte publica listaxe provisional de solicitudes admitidas, pendentes de subsanación e denegadas por no cumprir cos requisitos de persoas beneficiarias. Máis polo miúdo, das 976 posibles persoas solicitantes con recoñecemento en vigor nalgún momento do 2022 ou 2023 (104 persoas máis que na edición anterior), foron presentadas 608 solicitudes para as Axudas DGAN 2023 (cen máis que na edición anterior). Das solicitudes presentadas, o 83% (504) foron admitidas (81 máis que na edición anterior), mentres que 56 contan con cuestións a subsanar e outras 48 non cumpren co apartado de persoas beneficiarias.

Ademais da publicación desta listaxe, solicitáronse ás federacións deportivas galegas os certificados de resultados deportivos dos seus deportistas. As persoas que conten con cuestións a subsanar teñen dez días hábiles, ata o luns 7 de agosto de 2023 para facelo na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

R., 2023-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES