Noticias

A Cidade da Cultura inaugura unha mostra bibliográfica sobre María Antonia Dans coa que conmemora o Día da ilustración

María Antonia Dans (Oza dos Ríos, 1922- Madrid, 1988) pasa a súa infancia en Curtis, rodeada dunha paisaxe que estará moi presente na súa obra. En 1939 trasládase á Coruña, cidade onde empeza a desenvolver a súa faceta artística grazas a Lolita Díaz Baliño, a súa mestra durante cinco anos. Na cidade herculina realiza en 1950 a súa primeira exposición, compartida coa súa compañeira de clase Gloria de Llano. En 1952 múdase a Madrid, onde asiste a clases por libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes. O seu interese por seguir perfeccionando a súa técnica e os seus coñecementos artísticos levaraa a Italia, despois de obter diversas bolsas de formación do Ministerio de Educación Nacional e de Asuntos Exteriores e da Fundación Juan March.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta mañá na Biblioteca de Galicia a exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, a proposta central na programación da Xunta para celebrar o Día da Ilustración. A mostra bibliográfica, que pode verse na entrada deste edificio da Cidade da Cultura ata mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sinalou que con estes fondos propios da Biblioteca de Galicia “preténdese pór en valor a obra desta artista con estilo e graza característicos, que foi alumna de Lolita Díaz Baliño”. Ademais, o director xeral de Cultura destacou “a importancia de recuperar figuras como a de María Antonia Dans, unha creadora moi prolífica que plasmou o seu talento na ilustración, na pintura, no gravado ou mesmo no deseño téxtil”.

Entre as máis de 30 pezas da exposición, comisariada pola técnica da Biblioteca de Galicia, Rosario Crespo, atópanse algunhas das ilustracións máis destacadas de María Antonia Dans, como as que realizou para o conto La Tata, de Carmen Marín Gaite, ou as dos libros da editorial Doncel La aventura del Serpiente Emplumada ou La isla de las tortugas. A mostra está composta na súa meirande parte por publicacións orixinais e compleméntase con algunhas reproducións extraídas doutras bibliotecas virtuais.

O acto contou coa presenza da subdirectora xeral de Bibliotecas e do Libro, Cristina Rubal; a directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; a presidenta da Asociación Galega de Profesionais de Ilustración, Laura Romero, e a xefa do Servizo da Biblioteca de Galicia, Noelia Bascuas.

Sobre María Antonia Dans

María Antonia Dans (Oza dos Ríos, 1922- Madrid, 1988) pasa a súa infancia en Curtis, rodeada dunha paisaxe que estará moi presente na súa obra. En 1939 trasládase á Coruña, cidade onde empeza a desenvolver a súa faceta artística grazas a Lolita Díaz Baliño, a súa mestra durante cinco anos. Na cidade herculina realiza en 1950 a súa primeira exposición, compartida coa súa compañeira de clase Gloria de Llano.

En 1952 múdase a Madrid, onde asiste a clases por libre na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes, o que supón un salto cualitativo na súa formación. O seu interese por seguir perfeccionando a súa técnica e os seus coñecementos artísticos levaraa a Italia, despois de obter diversas bolsas de formación do Ministerio de Educación Nacional e de Asuntos Exteriores e da Fundación Juan March.

Na década dos 60 María Antonia Dans destaca entre as ilustradoras polas que apostaron editoriais como Doncel ou Susaeta e a partir de 1970 acompaña os textos da colección Guías Everest.

A súa arte conquistou éxitos en España, con numerosas exposicións en cidades como Madrid, Santiago, Bilbao ou Lanzarote. Tampouco faltaron os logros no estranxeiro, onde expuxo en urbes coma Nova York, Buenos Aires, Berlín, París ou Stuttgart.

R., 2023-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES