Notas de prensa

Unha exposición achega a figura de Xosé Velo ao alumnado da Universidade de Vigo

Baixo o título Love Velo, ata finais de maio pode visitarse na entrada do Edificio de Ferro do campus de Ourense unha exposición biográfica arredor da figura de Xosé Velo, que a principios de 1961 dirixiu o secuestro do transatlántico Santa María para denunciar internacionalmente as dúas ditaduras ibéricas. Xosé Velo Mosquera, explícase na exposición, naceu en Celanova en 1916. Membro do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, chegou a ser elixido secretario xeral desta organización en 1935.

Na súa presentación este luns, Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, indicou que a acollida desta mostra está en liña co compromiso da institución académica coa cultura e coa galeguidade, centrándose neste caso na vida de Xosé Velo e “a súa loita por Galicia”. A exposición, apuntou o responsable académico, “supón unha oportunidade para achegar esta figura ao alumnado do campus”. Pola súa banda, Aser Ãlvarez, de Arraianos Producións e comisario de Love Velo, explicou que esta iniciativa forma parte do proxecto de recuperación da memoria de Xosé Velo desenvolvido arredor de 2022 con motivo dos 50 anos da morte do homenaxeado, contando coa colaboración de diferentes entidades, como a Asociación Galega de Cultura e Desenvolvemento Rural.

Love Velo, detallou o seu comisario, “é unha pequena viaxe a través da vida e das obras de Xosé Velo Mosquera. É unha exposición biográfica, onde contamos un pouco a súa historia, pero onde tamén se pode acceder a outros materiais a través de códigos QR”, como a súa voz. Nos seus paneis realízase un achegamento a diferentes etapas da súa vida, desde a infancia e xuventude, seguindo pola II República, a Guerra Civil e posguerra, os dous exilios que viviu e o secuestro do Santa María. “Xosé Velo nacera para ser un mestre e por suposto poeta pero cruzouse no seu camiño o alzamento militar e aí tivo sempre un compromiso férreo que mantivo ata a súa morte”, apuntou Aser Ãlvarez.

Unha historia que contar

Xosé Velo Mosquera, explícase na exposición, naceu en Celanova en 1916. Membro do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas, chegou a ser elixido secretario xeral desta organización en 1935. Despois da guerra trasladouse a Vigo, onde o detiveron pola súa actividade antifranquista. En 1948 fuxiu a Portugal e foi detido, aínda que grazas á mediación do Unitarian Service e ao apoio do goberno de Rómulo Gallegos, puido trasladarse a Venezuela. En 1956 foi nomeado presidente do Lar Gallego de Caracas e, como delegado desta institución, participou activamente no Primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires. En 1959 fundou o DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación) cun grupo de exiliados españois e portugueses. A principios de 1961 dirixiu o secuestro do transatlántico Santa María, acción que pretendía denunciar internacionalmente as dúas ditaduras ibéricas. O goberno brasileiro acolleu aos secuestradores como refuxiados políticos, e Velo e o seu fillo Vítor, que tamén participara no secuestro, establecéronse en São Paulo. Nesta cidade fundou unha libraría (Nós) e logo unha editorial (Galiza Ceibe), pouco antes de morrer, dun cancro de pulmón, aos 55 anos de idade.

Universidade de Vigo (UVigo), 2024-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa. A conselleira salientou que 'somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)'.
Foto de la tercera plana (20240515-uvigo.jpg) Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía en Santiago entre o 18 e o 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a UVigo e que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable. O obxectivo do curso, organizado neste caso pola USC e a Universidad Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos.

Notas

Organizado pola Cooperativa Performa (Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo), Plataforma. Festival de artes performativas celebrará a súa quinta edición en múltiples localizacións de Santiago de Compostela entre o 16 e o 25 deste mes de maio. Trátase dunha cita anual ineludible para os amantes da cultura e as artes, achegando diversos públicos coa súa proposta interdisciplinar.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES